subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de Máscaras Oroso 2011.


Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o día 2 de marzo nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañador: Nicolás Danis Barcala, “A Vella Bruxa”
  • Finalista: Iago Danis Barcala, “La vida color de rosa”

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañadora: Concepción García López, “Fantasía de Primavera”
  • Finalista: María Chacón, “Un Minino de Entroido”

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2011 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: unha sería a categoría infantil (dende os 9 anos aos 15) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso, sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 1 de marzo de 2011, antes das 14:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 5 de marzo, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, están convidados.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa dende o 7 ao 18 de marzo, acompañando por parte dos propietarios a folla de inscrición. Se o día 18 de marzo non se recolleron as máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: DVD portatil
    • Finalista: un MP4
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha fin de semana nunha casa rural (en días verdes, non en temporada alta)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.