Solicitude de cacharelas para San Xoán.
Descrición:
Todas aquelas persoas, organizacións ou comunidades que desexan realizar unha cacharela na noite de San Xoán deberán realizar esta solicitude.
Requisitos/Normas:
- As persoas, organizacións ou comunidades que desexan realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude correspondente no Concello antes das 14 horas do día 22 de xuño, sinalando o lugar elixido, así como o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores.
- O volume da cacharela non excederá os 8 metros de perímetro nin os 3 de altura.
- A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros.
- Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
- Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc., e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
- En ningún caso botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.
- No suposto de que a cacharela se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 cms.
- Ao finalizar a cacharela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas.
- Ao día seguinte os responsables da organización deberán deixar o lugar onde se realizou a cacharela limpo.
Documentación necesaria:
- Instancia debidamente cumprimentada
- Fotocopia do DNI do responsable ou responsables da organización ou comunidade
Lugar de presentación da solicitude:
Rexistro Xeral do Concello de Oroso.
Estado do trámite:
Antes do día 22 de xuño.