subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza reguladora do servicio de teleasistencia domiciliaria do concello de oroso. (B.O.P. Nº128)


Artigo 1. º - DEFINICIÓN E ELEMENTOS QUE OFERTA

1. A teleasistencia domiciliaria é unha prestación técnica dentro do Servicio Social de axuda a Domicilio e Apoio a Unidade de Convivencia , que , permitindo a posibilidade de continuar vivindo no propio domicilio, ten por obxeto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade.

2. Proporciona a axuda necesaria en caso de situacións de emerxencia social, sanitaria ou doméstica, movilizando os recursos necesarios para solucionalas.

3. O Servicio está a disposición dos usuarios as 24 horas do día, tódolos días do ano e consta dos seguintes elementos:

3.1 Unidade domiciliaria do usuario que funciona a través da liña telefónica, composta pola unidade de alarma portátil (pulsera), unha terminal telefónica que envía a alarma ó Centro de Atención. A unidade portátil que a persoa sempre leva posta pode ser accionada por ésta con solo pulsála.

3.2 Centro de Atención onde se recollen as chamadas ou alarmas que efectúan os usuarios, dispoñendo dunha completa información sobre a persoa solicitante para ofrecerlle inmediatamente o auxilio que precise: médico, traslado ó hospital, atención de familiares, etc.

Artigo 2. º - OBXETIVOS DO SERVICIO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

2.1.- XERAL

- Contribuir á permanencia das persoas vulnerables no seu medio habitual de vida, evitando os grandes custes personais, sociais e económicos que o desarraigo do medio conleva, facilitando o contacto co seu entorno sociofamiliar e asegurando a intervención inmediata nas crisis personais, sociais e médicas evitando, na medida do posible ingresos innecesarios en centros residenciais.

2.2- ESPECÍFICOS

- Garantir a conexión permanente entre o usuario e o Centro de Atención mediante unha comunicación periódica de seguimento e mantemento actualizado dos seus datos.

- Actuar de enlace entre o usuario e o contorno-sociofamiliar.

- Dar o apoio adecuado e inmediato a través da liña telefónica, movilizando, se fora necesario, os recursos propios ou alleos que a situación de emerxencia precise.

- Ofrecer o servicio complementario de "axenda" de usuario, que permita recordar a éste a necesidade de realizar unha actividade concreta nun momento predeterminado, de forma esporádica ou con a periodicidade fixada (toma de medicamentos, realización de xestións, etc.).

Artigo 3 º .- DESTINATARIOS

- Persoas que vivan soas con mais de 65 anos de idade que padezan unha enfermidade ou minusvalía que lles impida desenvolverse con autonomía.

- Persoas que convivan con outras que teñan mais de 65 anos e/ou padezan unha enfermidade ou minusvalía que limite a súa autonomía persoal e doméstica.

- Non padecer enfermidade mental grave, incluíndo persoas con demencia senil. Non padecer deficiencias graves de audición e/ou expresión oral.

- Estar en situación de alto risco (persoas maiores, con discapacidade ou enfermidades invalidantes) que vivan soas ou permanezan gran parte do día en soidade.

- Ter cubertas as necesidades básicas.

- Dispoñer de liña telefónica ou estar en condicións de dispoñer dela previamente á instalación do equipo de telealarma.

Artigo 4 º .- REQUISITOS ECONÓMICOS

1. INCLUSIÓNS:

1.1.- Persoa que vive soa: ingresos netos mensuais iguais ou inferiores ó 130 % do S.M.I.

1.2.-Convivencia de dúas persoas: ingresos netos mensuais iguais ou inferiores ó 150% do S.M.I.

1.3.-Convivencia de tres ou máis persoas: ingresos netos mensuais iguais ou inferiores ó 170% do S.M.I.

2. EXCLUSIÓNS:

Quedan excluidas as persoas que non cumpran estes requisitos en tanto que o programa de Teleasistencia Domiciliaria se preste con total gratuitidade para os usuarios.

Artigo 5º .- ORGANIZACIÓN E RESPONSABILIDADES DO SERVICIO

A prestación técnica de teleasistencia domiciliaria do Concello de Oroso vai incluida no Programa Provincial de teleasistencia da Diputación de A Coruña , implantado en 1999.

Este Programa articulase en base a un convenio entre o IMSERSO (Instituto de Migracions y Servicios Sociais del Ministerio de Trabajo ) e a FEMP ( Federación Española de Municipios e Provincias ) e a Diputación , e outro Convenio entre esta e a Conselleria de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia.

Os Concellos da Provincia de menos de 50.000 habitantes poden adherirse ós convenios suscritos pola Diputación para a sua inclusión no Programa Provincial.

Este Programa finanzase coas seguintes aportacions : 65% ó cargo do IMSERSO, 15% ó cargo da Conselleria de Asuntos Sociais y el 20 % ó cargo de Diputación .

Nas bases do Programa provincial contémplase a posibilidade de que os Concellos cofinancien ó 50% da aportación da Diputación ( o 10% do custe total) e que a sua vez poidan recabar, mediante ordenanza fiscal , á aportación dos usuarios.

A responsabilidade do servicio asignase ó técnico de Servicios Sociais municipais (traballador/a social) .Este asistirá ás Comisións Provinciais técnicas de seguimento da execución do Programa xunto ó responsable técnico da Diputación Provincial e da empresa adxudicataria da prestación do Servicio.

Artigo 6º .- PROCESO DE INCLUSIÓN DE USUARIOS: PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PARA A RESOLUCIÓN DE SOLICITUDES

A demanda do Servicio de Teleasistencia domiciliaria dará lugar ó seguinte procedemento administrativo:

1º .-Iniciaráse mediante a solicitude segundo un modelo normalizado a disposición dos cidadáns no departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria. A solicitude deberá ser asinada polo interesado ou representante. Á solicitude deberá achegarse á seguinte documentación :

- Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia.

- Certificado de empadronamento e convivencia.

- Documentación acreditativa da situación económica de tódolos membros da unidade de convivencia familiar: certificado de pensións, declaración da renda ou certificado negativo da mesma.

- Informe médico.

- Declaración xurada de non ter dereito á teleasistencia por outra entidade ou organismo (ISFAS,MUFACE%)

2º - Recibida a solicitude, o traballador/a social de Atención Primaria procederá á comprobación das circunstancias socioeconómicas do interesado e realizará o informe social que incluirá valoracións cualitativas (visitas domiciliarias, entrevistas) e cuantitativas (aplicación do baremo de puntuación).

3º - Se informará ó Alcalde do Concello do cumprimento dos requisitos do solicitante e da valoración social, facendo a proposta correspondente de inclusión no programa para a resolución da solicitude para su remisión a Diputación

4º - Se notificará ó interesado a resolución adoptada que, en tódolos casos, deberá ser motivada.

5º .- O Concello remitirá o expediente completo á Diputación Provincial para que verifique dicha inclusión procedendo, de ser estimatoria, á instalación do equipo de telealarma por parte da empresa nun prazo máximo dun mes a partir da fecha de resolución de Diputación , debendo suscribir ós usuarios o documento referido ás autorizacións das actuacións da empresa.

6º .- A Diputación poderá determinar anualmente un número máximo de usuarios no programa y por cada Concello , no caso de que o número de solicitudes exceda da previsión do coste global do programa, dentro do límite que se establece anualmente se aplicará un baremo provincial de priorización de solicitudes remitidas por cada Concello para resolverlas

Artigo 7º .- CAUSAS DE CESAMENTO DO SERVICIO

As Altas e Baixas, temporales ou definitivas, dos usuarios serán propostas polo Concello á Diputación provincial e serán dispostas mediante resolución desta última quen lle comunicará á empresa, ó usuario e ó Concello.

O cesamento do Servicio será proposto asimismo polo Concello á Diputación provincial.

1. SUSPENSIÓN TEMPORAL

Son causas de suspensión temporal do servicio de Teleasistencia Domiciliaria a acreditación das seguintes causas:

- Petición do solicitante.

- Traslado temporal do domicilio propio

- Traslado temporal con familiares ou amigos

- Ingreso temporal nunca residencia ou institución similar

- Vacacións

- Ingreso nun centro hospitalario

- Non aceptar as condicións do servicio con carácter temporal

-Cambio significativo con carácter temporal das circunstancias que ocasionaron a sua inclusión neste programa.

2.SUSPENSIÓN DEFINITIVA

Son causas de extinción ou finalización do Servicio de Teleasistencia a acreditación das seguintes circunstancias

- Renuncia voluntaria do solicitante.

- Obtención do recurso por outros medios

- Traslado definitivo do domicilio propio

- Traslado definitivo con familiares ou amigos

- Ingreso definitivo nunha residencia de convivencia ou institución similar.

- Entorpecemento grave da labor dos profesionais que levan a cabo o servicio

- Defunción do usuario titular

- Cambio significativo con carácter permanente das circunstancias que ocasionaron a instalación da Teleasistencia.

- Cambio de domicilio a outro Concello

Artigo 8º .-SELECCIÓN DE SOLICITUDES: BAREMO DE PUNTUACIÓN

A codificación é excluínte só se pode marcar unha posibilidade. A puntuación obténse coa suma de tódalas puntuacións.

1. SITUACIÓN PERSOAL DO SOLICITANTE

1.1-TERCEIRA IDADE

PUNTUACIÓN

De 65 a 70 anos: 0,5

De 71 a 75 anos: 1

De 76 a 80 anos: 1,5

De 81 a 85 anos: 2

De 86 en adiante: 2,5

1.2.-PERSOAS CON MINUSVALÍAS

Persoas que posúen certificado de minusvalía emitido por los E.V.O.S.)

PUNTUACIÓN

Do 33% ó 65 %: 0,5

Do 65 % ó 75 %: 1

Do 75% en adiante: 1,5

2.-INDICE PARA AS ACTVIDADES INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA

2.1.CAPACIDADE PARA USA-LO TELEFONO

PUNTUACIÓN

1.Utiliza ó teléfono a iniciativa propia, busca e marca os números: 0

2.Marca uns cantos números ben coñecidos: 0

3.Contesta ó teléfono pero non marca: 1

4.Non usa o teléfono en absoluto: 2

2.2.IR DE COMPRAS

1.Realiza todalas compras necesarias con independencia: 0

2.Merca con independencia pequenas cousas: 0

3.Precisa compañía para a realización de calquera compra: 1

4.Completamente incapaz de ir de compras: 2

2.3.PREPARACIÓN DA COMIDA

1.Planea , prepara e sirve as comidas adecuadas con independencia: 0

2.Prepara as comidas axeitadas si lle dan os ingredentes: 0

3.Quenta , serve e prepara as comidas ou as prepara ,pero non manten unha dieta axeitada: 1

4.Precisa que se lle prepare e sirva a comida: 2

2.4.COIDA-LA CASA

PUNTUACIÓN

1.Coida a casa so/soa ou con axuda ocasional(por ejemplo traballos duros, axuda doméstica%): 0

2.Realiza as tarefas domésticas lixeiras como fregar os pratos ou facer as camas: 0

3.Realiza tarefas domésticas lixeiras, pero non pode manter un nivel de limpeza aceptable: 1

4.Precisa axuda para tódalas tarefas da casa: 1

5.Non participa en ningunha tarefa doméstica: 2

2.5. LAVADO DE ROUPA

1.Realiza completamente o lavado de roupa persoal: 0

2.Lava roupas pequenas e/ou aclara roupas: 1

3.Precisa que outro se ocupe de todo o lavado: 2

2.6.MEDIO DE TRANSPORTE

1.Viaxa con independencia en transportes públicos ou conduce o seu propio coche: 0

2.E capaz de organizar o seu transporte utilizando servicio de taxis , pero non usa outros transportes públicos: 0

3.Viaxa en transportes públicos se é acompañado por outra persoa: 1

4.Viaxa únicamente en taxi ou automóbil con axuda de outros: 1

5.Non viaxa en absoluto: 2

2.7. RESPONSABILIDADE SOBRE A MEDICACIÓN

1.É responsable no uso da medicación , na dose correcta e ás horas correctas: 0

2.Toma responsablemente a medicación se se lle prepara con anticipación , en doses preparadas: 1

3.Non é capaz de responsabilizarse da súa propia medicación: 2

2.8. MANEXO DOS CARTOS

1.Manexa os asuntos financieiros con independencia ( presuposta rechea cheques, paga recibos, facturas, vai ó banco, recolle e coñece os seus ingresos ): 0

2.Manexa os gastos cotiáns pero precisa axuda para controlar grandes gastos ,e acudir a entidades bancarias: 1

3.E incapaz de manexar os cartos: 2

PUNTUACION TOTAL (MAXIMO 16 PUNTOS )

3.-INDICE DE KATZ DE ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

PUNTUACIÓN

3.1.BAÑO OU DUCHA

Non recibir axuda no baño: 0

Recibe axuda nalgunha parte do corpo: 1

Recibe axuda para mais dunha parte corporal: 2

3.2.VESTIDO

Coller a roupa de armarios e caixones, incluie roupa interior e roupa de vestir

Colle a roupa e vístese sen axuda: 0

Colle a roupa e vístese sen axuda agás para atarse os cordons: 1

Recibe axuda para colle-la roupa ou vesirse, ou queda en parte desvestido: 2

3.3.IR Ó SERVICIO

Vai ó aseo , límpase só e coloca as suas roupas sen axuda(pode usar apoios como bastón ou cadeira de rodas e pode manexar cuñas ou orinal: 0

Recibe axuda para ir ó servicio ouna limpeza ou en colocarse a roupa despois da eliminación ou no uso do orinal e cuñas: 1

Non vai o aseo para a eliminación ou esporádicamente: 2

3.4.TRASLADO

Entra e sae da cama ó igual que da cadeira sin axuda ( pode usar axudas como o bastón ): 0

Entra e sae da cama con axuda: 1

Non sae da cama: 2

3.5.CONTINENCIA

Controla os esfínteres por completo: 0

Ten accidentes de forma ocasional: 1

A supervisión axudalle a controlar.Precisa cáteter ou é incontinente: 2

3.6.ALIMENTACIÓN

Aliméntase só sin axuda: 0

Aliméntase so agás nalgunhas cousas como cortar a carne: 1

Recibe axuda na alimentación ou é alimentado parcial ou totalmente por tubos ou intravenosamente: 2

PUNTUACION TOTAL (MAXIMO 12 PUNTOS )

4.SITUACION SOCIOFAMILIAR

PUNTUACIÓN

4.1.PERSOA QUE VIVE SOA

1.Persoa que vive soa carece de fillos no termo municipal ou nun radio inferior a 30 Km, e non recibe ningun tipo de axuda: 20

2.Persoa que vive soa e ainda que teña fillos no termo municipal o nun radio inferior a 30 Km , non recibe ningun tipo de axuda: 18

3.Persoa que vive soa pero recibe axudas puntuais nos casos de emergencia: 16

4.Persoa que vive soa e recibe axudas familiares e/ou veciños pero esta axuda por falta de compromiso ou por carga excesiva, resulta insuficiente: 14

4.2.PERSOA QUE VIVE ACOMPAÑADA

1.Convivencia con outra/s persoas que sufren deficiencias fisicas ou psiquicas ou que pola súa idade, non poden atender debidamente ó usuario/a.

Inclúense neste apartado aqueles casos nos que as relacions familiares non existan ou sexan conflictivas: 12

2.Convivencia con persoas válidas, pero ausentes do fogar mais de 10 horas ó día: 8

3.Convivencia con persoas válidas que prestan axuda: 0

5.-CONDICIONS FISICAS DO ENTORNO

5.1. VIVIENDA

1.Presencia de escaleiras interiores: 4

de acceso á vivienda: 2

2.Servicios de aseo no exterior da vivienda: 2

3.Condicións xerais de habitabilidade e seguridade(refírese a aspectos non valorados anteriormente: de 0 a 3

5.2 ACCESIBILIDADE E MEDIOS DE COMUNICACIÓN ÓS EQUIPAMENTOS

1.Proximidade: 0

2.Pouca distancia/accesos aceptables: 1

3.Distancia media/acceso con certas deficiencias: 2

4.Moita distancia/vías de acceso deficientes: 3