subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza xeral municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións. (B.O.P. Nº 239)


TÍTULO I. Disposicións xerais.

TÍTULO II. Niveis máximos admisibles de ruídos e vibracións.

Capítulo I. Criterios xerais de prevención.

Capítulo II. Niveis de ruído e vibracións admisibles.

TÍTULO III. Condicións específicas de prevención.

Capítulo I. Condicións esixibles ás edificacións.

Capítulo II. Condicións esixibles ás actividades relacionadas cos usos productivo e terciario.

Capítulo III. Actividades de ocio, de espectáculos e recreativas.

Capítulo IV. Regulamentación do ruído de tráfico.

Capítulo V. Regulamentación do ruído para actividades varias.

TÍTULO IV. Réxime xurídico.

Capítulo I. Disposicións xerais.

Capítulo II. Inspección e vixilancia.

Capítulo III. Réxime sancionador.

TÍTULO V. Acción municipal e solución de conflictos.

Disposición adicional.

Disposicións transitorias.

Disposición final.

Anexo I. Zonas de sensibilidade acústica e clasificación dos recintos.

Anexo II. Valores de recepción.

Anexo III. Definición e clasificación por grupos das diferentes actividades de esparexemento e ocio.

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1º . Obxecto.

1º .1. Desenvolvemento da Lei 7/1997, do 11 de Agosto, de Protección contra a Contaminación Acústica da Comunidade Autónoma de Galicia.

1º .2. Regula-las actuacións dos cidadáns e da Administración Local para a protección do ambiente contra as perturbacións producidas por ruídos e vibracións.

Artigo 2º . Ámbito de aplicación.

Quedan sometidas ás prescricións desta ordenanza, de obrigado cumprimento dentro do termo municipal de Oroso, tódalas as instalacións, aparellos, construccións, derrubas, obras na vía pública e instalacións industriais, comerciais, recreativas, musicais, espectáculos e de servicios, vehículos, medios de transporte e, en xeral, tódolos os elementos, actividades e comportamentos que produzan ruídos ou vibracións, susceptibles de ocasionar molestias á veciñanza, ou que modifiquen o estado natural do medio ambiente circundante, calquera que sexa o seu titular, promotor ou responsable, e o lugar, público ou privado, aberto ou pechado, en que estean situadas.

Artigo 3º . Competencia administrativa.

Corresponderá á Alcaldía, ou Concellería na que delegue e, de se-lo o caso, á Xunta de Goberno Local ó Pleno, esixir, de oficio ou por solicitude da parte interesada, adoptar as medidas correctoras necesarias, sinalar as limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas, establecer instrumentos permanentes de control de son nas actividades suxeitas a esta ordenanza e aplicar as sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado, consonte o disposto na normativa vixente en materia de réxime sancionador, na Lei 7/1997 de Protección contra a Contaminación Acústica da Comunidade Autónoma de Galicia e no establecido no Capítulo III do Título IV desta Ordenanza.

Artigo 4º . Cumprimento.

4º .1. Correspóndelle ó Concello de Oroso exercer, de oficio ou a instancia de parte, o control do cumprimento da presente ordenanza, esixi-la adopción das medidas correctoras necesarias, sinalar limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas e aplica-las sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado.

4º .2. As normas desta ordenanza son de obrigado e directo cumprimento, sen necesidade dun previo acto ou requirimento de suxeición individual, para toda actividade que se atope en funcionamento, exercicio ou uso e supoña a producción de ruídos ou vibracións molestos ou perigosos.

4º .3. Asemade, Ordenanza será esixible a través dos correspondentes sistemas de licencias e autorizacións municipais para toda clase de construccións, demolicións, obras na vía pública e instalacións industriais, comerciais, recreativas, musicais, espectáculos e de servicios, e cantas se relacionan nas normas de uso do Plan de Ordenación Urbana que se proxecten ou executen a partir da vixencia desta Ordenanza.

TÍTULO II. NIVEIS MÁXIMOS ADMISIBLES DE RUÍDO E VIBRACIÓNS.

Capítulo I. Criterios xerais de prevención.

Artigo 5º . Medidas de prevención.

Nos traballos de execución do planeamento urbano e de autorización e realización de todo tipo de actividades e servicios deberá preverse a súa incidencia na xeración de ruídos e vibracións, para que se garanta que os usos e actividades permitidos facilitan o nivel máis axeitado posible de calidade de vida, reducindo a niveis aceptables a contaminación acústica, nos termos e condicións previstos na Lei 7/1997 e no Decreto 150/1999 da Comunidade Autónoma de Galicia, e das prescricións contidas nesta ordenanza. Entre outros, deberá prestarse especial atención os seguintes aspectos :

§ Ordenación do tráfico.

§ Transportes colectivos urbanos.

§ Recollida de residuos sólidos.

§ Emprazamento de centros docentes, sanitarios e lugares de residencia colectiva.

§ Planificación de actividades ó aire libre que poidan xerar ambientes ruidosos en zonas colindantes.

§ Illamento acústico na concesión de licencias de obras de instalación e apertura.

§ Planificación e proxecto de vías de circulación cos seus elementos de illamento e amortecemento acústico.

§ Todas aquelas medidas preventivas e/ou correctoras que sexan necesarias.

Capítulo II. Niveis de ruido e vibracións admisibles.

Artigo 6º . Zonas de sensibilidade acústica.

6º .1. Son zonas de sensibilidade acústica para os efectos da aplicación da presente Ordenanza, as sinaladas no Anexo I e que se clasifican en función daquela parte do territorio que presenta un mesmo rango de percepción acústica.

6º .2. Os plans xerais de ordenación municipal delimitarán as zonas de sensibilidade acústica. No suposto de que o Concello non dispoña de planeamento, as zonas virán delimitadas polo uso predominante existente en cada unha delas.

Artigo 7º . Niveis de ruído e vibracións admisibles.

7º .1. Ningunha fonte sonora poderá emitir nin transmitir niveis de ruído ou vibracións tales que se produzan valores de recepción superiores ós fixados nas Táboas I e II incluídas no Anexo II desta Ordenanza.

7º .2. As Zonas Acusticamente Saturadas son aquelas partes do territorio urbano nas que se alcanzaron os máximos niveis de ruído no exterior fixados para elas, debido a que as actividades desenvolvidas nelas provocan a concentración de fontes sonoras e/ou a afluencia masiva de xente.

Artigo 8º . Declaración de zona acústicamente saturada.

Naquelas zonas da cidade nas que os niveis de recepción no ambiente exterior, producidos pola adición das actividades e/ou establecementos, aínda que procedentes de diversas fontes sonoras, superen en máis de 3 dBA os niveis fixados nesta disposición, o Concello, dentro do seu ámbito de competencias, establecerá as medidas oportunas tendentes a diminuí-lo nivel sonoro exterior ata situalo dentro dos límites correctos.

Para estes efectos, o Concello, trala solicitude dos informes de Inspección Ambiental que constaten, se é o caso esta realidade, acordará mediante resolución motivada do Alcalde, a declaración destas zonas urbanas como «zonas saturadas por acumulación de ruídos». Esta resolución, adoptada por un procedemento contradictorio, poderá acordar algunha das medidas cautelares previstas no artigo 51 desta Ordenanza e no artigo 20 da Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, e en concreto, a posible paralización da actividade ou a clausura das instalacións, o precinto de equipos así como calquera outra que se considere imprescindible para evita-la persistencia deste situación.

TÍTULO III. CONDICIÓNS ESPECÍFICAS DE PREVENCIÓN.

Capítulo I. Condicións esixibles ás edificacións.

Artigo 9º . Concepto de edificación.

Se consideran sometidas ós efectos de esta Ordenanza tódolos edificios destinados a uso sanitario, docente, residencial, productivo ou terciario.

Artigo 10º . Condicións acústicas.

10º .1. Os diversos elementos constructivos dos edificios deben cumpri-las condicións acústicas determinadas no Capítulo III da Norma Básica de Edificación, NBE-CA-88 (Orde do 29/09/1988, publicada no BOE nº 242 do 8/10/1988), así como as modificacións que no futuro se introduzan e outras normativas que se establezan respecto ó illamento acústico da edificación.

10º .2. De coexistiren nun mesmo edificio varios usos, aplicaranse as condicións acústicas da NBE-CA-88 a cada local por separado, e nos elementos constructivos de común unión entre varios locais aplicaranse as imposicións máis esixentes nos locais afectados.

10º .3. Exceptúanse dos apartados anteriores os forxados constructivos do primeiro andar da edificación cando dita planta sexa de uso residencial (ou muro estremeiro, se a vivenda é na mesma planta), e na planta baixa poidan localizarse, conforme ó planeamento, usos susceptibles de producir molestias por ruídos e vibracións. Nestes casos, o illamento acústico do ruído aéreo esixible será de, polo menos, 55 dBA.

10º .4. Deberan amortecerse as portas metálicas de garaxes ou locais e as persianas de protección que produzan un impacto ó pecharse que poida molestar ós veciños. De igual xeito, os motores e mecanismos de arrastre disporán de sistemas de amortecemento.

Artigo 11º . Maquinaria e instalacións.

11º .1. Os aparellos elevadores, as instalacións de ventilación e acondicionamento de aire e as súas torres de refrixeración, a distribución e evacuación de augas, a transformación de enerxía eléctrica, as instalacións de calefacción e demais servicios dos edificios, serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonora ós locais e ambientes próximos que cumpra co disposto no Anexo II desta Ordenanza.

11º .2. En particular, os cuartos de caldeiras e as salas de maquinaria non poderán lindar por paramentos horizontais e verticais con zonas destinadas a uso de vivenda, dentro dun mesmo edificio. En caso de imposibilidade física, o local de contención deberá estar illado integramente ata alcanzar un nivel mínimo de 70 dBA con relación á vivenda.

Artigo 12º . Procedemento de mostraxe.

12º .1. A fin de obter unha homoxeneidade dos ensaios, establécese un plan de mostraxe en edificios de vivendas para estandariza-los ensaios a realizar, optándose polo que describe a norma UNE 66020-1:2001 e que se denomina como Nivel Especial de Inspección S-2. No Cadro I móstranse os correspondentes criterios.

 

Nº Total de Vivendas

Nº de Vivendas a Inspeccionar

Criterio de aceptación (Nº de defectos)

2 a 25

2

0

26 a 150

3

0

151 a 1200

5

0

Cadro I. Nivel especial de inspección S-2.

 

12º .2. Os ensaios a realizar por vivenda, referidos ó illamento a ruído aéreo, son os seguintes :

§ Parede separadora de propiedades distintas (R'w = 45 dBA).

§ Elemento horizontal de separación de propiedades distintas (R'w = 45 dBA)

§ Paredes separadoras de salas de máquinas (R'w = 55 dBA).

§ Elementos horizontais separadores de salas de máquinas (R'w = 55 dBA).

§ Oco do ascensor.

§ Elementos horizontais de separación de recintos de actividade (R'w = 55 dBA).

§ Fachada (R'w = 30 dBA).

Artigo 13º . Control do cumprimento.

13º .1. Coa correspondente certificación de fin de obra, achegarase certificado de illamento acústico seguindo o procedemento de mostraxe sinalado no Artigo 12. Este certificado deberá ser expedido por empresas ou entidades homologadas pola Concellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para estes fins.

13º .2. Os certificados de illamento acústico presentados neste Concello deberán obterse mediante medicións "in situ" e cos procedementos descritos nas normas ISO 140-4, 140-5 e ISO-717-1.

13.3. Non se concederá a licencia de primeira ocupación sen o informe favorable das prescricións contidas neste capítulo.

Capítulo II.Condicións esixibles ás actividades relacionadas cos usos productivo e terciario.

Artigo 14º . Ámbito.

14º .1. Tódalas actividades industriais, comerciais e de servicios susceptibles de producir ruídos e/ou vibracións quedan sometidas ó disposto neste capítulo.

14º .2. A producción e transmisión dos ruídos e/ou vibracións orixinados nas actividades anteriores deben axustarse ós límites establecidos nesta Ordenanza, e no Título II do Anexo da Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica. Os titulares destas actividades estarán obrigados a adopta-las medidas de insonorización das fontes sonoras e de illamento acústico dos locais para cumprir en cada caso as prescricións establecidas.

Artigo 15º . Obrigas dos titulares das actividades.

De acordo co previsto no artigo 4.3º da Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica, as actividades que produzan unha perturbación por ruído e/ou vibracións someteranse ó procedemento de avaliación de incidencia ambiental.

Artigo 16º . Estudio de impacto acústico.

De conformidade co disposto na normativa estatal básica sobre a materia e na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, tódalas obras, instalacións ou actividades susceptibles de producir contaminación ambiental deben someterse a un procedemento de avaliación de incidencia ambiental. Este procedemento debe incluir un estudio acreditativo do seu impacto acústico, de acordo coas esixencias definidas no Capítulo III de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio. Na declaración que se dicte, que terá carácter vinculante, deberán impoñe-las medidas correctoras precisas.

Artigo 17º . Proxectos de obras ou instalacións.

17º .1. Na tramitación dos expedientes correspondentes a novas actividades e a ampliacións ou modificacións de importancia das existentes, esixiráselle ó proxecto un estudio xustificativo do cumprimento da presente Ordenanza, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

17º .2. O mencionado proxecto conterá as seguintes especificacións :

17º .2.1. Descrición detallada do tipo de actividade e a natureza dos traballos a realizar, así como a maquinaria, instalacións e equipos cos que se vai contar para o seu desenvolvemento.

17º .2.2. Horario previsto para a actividade.

17º .2.3. Niveis sonoros de emisión da maquinaria e instalacións, medidos a unha distancia de 1 metro de cada fonte sonora, así como o nivel sonoro resultante, no que deberá ter en conta os niveis xerados no desenvolvemento da propia actividade. Estes niveis estimaranse de acordo cos criterios establecidos nos Anexos III e IV desta Ordenanza.

17º .2.4. Nivel sonoro de recepción permitido segundo as normas vixentes e o horario de uso.

17º .2.5. Descrición do illamento acústico que proporcionan a totalidade dos cerramentos do local, especificando composición do cerramento, clases de materiais utilizados, grosor destes, masa unitaria e separación entre follas.

17º .2.6. Xustificación de que, en función dos niveis de emisión considerados e as atenuacións proxectadas, se cumpre cos límites de recepción tolerados no exterior do local, así como nas vivendas colindantes ou locais máis próximos.

17º .2.7. Características das medidas correctoras para o illamento de ruídos de impacto cando o illamento xeral se prevea insuficiente para este tipo de ruídos.

17º .2.8. Descrición da montaxe dos elementos de illamento, especialmente o sistema de suxeición e a súa ancoraxe para evitar a formación de pontes acústicas.

17º .2.9. Illamento acústico a conseguir entre a actividade e as vivendas colindantes ou máis próximas, de acordo cos criterios do Anexo III.

17º .3. Nos proxectos consideraranse as posibles molestias por ruídos que por efectos indirectos poidan ocasionarse nas inmediacións da súa implantación, co obxecto de propoñe-las medidas correctoras adecuadas para evitalas ou diminuílas. Neste senso, deberase prestar especial atención ós seguintes casos:

17º .3.1. Actividades para desenvolver en edificios onde exista tamén o uso de vivenda, no propio edificio ou nos colindantes ou máis próximos.

17º .3.2. Actividades que xeran tráfico elevado de vehículos, como almacéns, ou locais públicos, previstas en zonas de elevada densidade de poboación ou con rúas estreitas, de difícil manobra e/ou escasos espacios de aparcadoiro.

17º .3.3. Actividades que requiren operacións de carga e/ou descarga durante o horario nocturno.

17º .4. Actividades de uso mixto, nos que coexistan vivendas e outras actividades en locais lindantes con edificios de vivenda. Nestas situacións acentuaranse as medidas preventivas na concepción, deseño e montaxe de amortecedores de vibracións, sistemas de reducción de ruídos de impacto, instalacións de entubados, conductos de aire e transporte interior, especialmente se o chan do recinto emisor está constituído por un forxado. Deberanse seguir as seguintes normas :

17º .4.1. Prohíbese a instalación de conductos entre o illamento do teito e a planta superior, ou entre os elementos dunha dobre parede, así como a utilización destas cámaras acústicas para o retorno de aire acondicionado.

17º .4.2. Tódolos equipos das instalacións de ventilación e climatización instalaranse no interior do local, prohibíndose a súa instalación en fachadas ou en patios alleos ó local. Así mesmo, os ventiladores da instalación de renovación de aire situaranse no interior do local, e o suficientemente arredados da saída de aire para garanti-la atenuación dos niveis xerados polos equipos ata os límites permitidos no exterior. En caso necesario, proxectaranse nos conductos sistemas de insonorización eficaces antes da saída do aire ó exterior.

17º .4.3. Os titulares das citadas actividades están obrigados a adopta-las medidas de insonorización das súas fontes sonoras e de illamento acústico dos locais para cumprir en cada caso as prescricións establecidas, dispoñendo, de ser necesario, de sistemas de ventilación forzada de forma que poidan pecharse os ocos ou fiestras existentes ou proxectadas.

17º .4.4. Os materiais empregados para levar a cabo ó illamento ou acondicionamento acústico dos locais deberan ter a resistencia ó lume que indica a norma NBE-CPI-96, ou calquera outra norma que a substitúa.

17º .5. Os estudios de proxectos de actividades clasificadas e/ou suxeitas ó Regulamento de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas conterán as medidas específicas adicionais descritas no Capítulo IV deste Título.

17º .6. Non serán esixibles as medidas específicas adicionais descritas no Capítulo IV deste Título ós proxectos daqueles establecementos cun horario de funcionamento exclusivamente diúrno (8 a 22 horas) e cuns aparellos musicais que sexan unicamente radio, televisión e fío musical, cun nivel de emisión interno (NEI) máximo de 75 dBA. En calquera caso, estes establecementos disporán dun illamento mínimo a ruído aéreo de 55 dBA.

Artigo 18º . Control municipal do cumprimento.

18º .1. Non se outorgará licencia de apertura ás actividades sometidas a esta Ordenanza se os proxectos presentados polos interesados non se axustan ó disposto nela.

18º .2. Non se poderá inicia-la actividade ou poñer en funcionamento as instalacións mentres non se acredite o cumprimento da normativa sobre contaminación acústica mediante certificación expedida por empresa ou entidades homologadas para este fins pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

18º .3. Nas licencias e nas declaracións de incidencia ambiental sinalaranse as medidas correctoras e os controis a están sometidas as actividades e instalacións, e indicarase expresamente que o incumprimento destas pode dar lugar á revogación daquelas licencias ou autorizacións.

18º .4. Unha vez iniciada a actividade ou postas en funcionamento as instalacións, tamén poderán realizarse inspeccións para comprobar que as actividades ou instalacións cumpren a normativa. As comprobacións ás que se refire este parágrafo estarán rexidas polo disposto na lexislación ambiental de Galicia. Como consecuencia destas inspeccións, poderá resolverse de algunha das seguintes formas :

1. Acordar medidas correctoras ou de control

2. Incoar os correspondentes expedientes sancionadores.

Artigo 19º . Medidas específicas para a industria.

19º .1. As actividades adicadas a uso industrial, ademais do cumprimento das prescricións establecidas neste título con carácter xeral, adoptarán as medidas que se establecen nos apartados seguintes.

19º .2. A ancoraxe de máquinas e aparatos que produzan vibracións realizarase de xeito que se logre o seu óptimo equilibrio estático e dinámico, dispoñendo para elo de bancadas de inercia e apoiando o conxunto sobre antivibradores expresamente calculados.

19º .3. Os conductos con circulación forzada de líquidos ou gases, especialmente cando estean conectados con máquinas que teñan órganos en movemento, estarán provistos de dispositivos que impidan a transmisión de vibracións. Estes conductos illaranse con materiais elásticos nas súas ancoraxes e nas partes do seu percorrido que atravesen muros ou tabiques.

Captulo III.Actividades de Ocio, de espectáculos e de esparexemento.

Artigo 20º . Clasificación das actividades e illamento acústico mínimo necesario.

A actividades de ocio, esparexemento e similares aparecen clasificadas no Anexo III da presente Ordenanza en función do seu grado de molestia e do illamento acústico necesario.

En canto á licencia de apertura destas actividades, será de aplicación o especificado no Artigo 18º e, especialmente, o indicado nos artigos 22º , 24º , 25º e 26º , respectivamente.

Artigo 21º . Horario de peche e as súas limitacións.

21º .1. Considérase horario nocturno ó período de tempo comprendido entre as 22 e as 8 horas. O horario diúrno comprende ó outro período temporal (8 a 22 horas).

21º .2. Os locais suxeitos a presente Ordenanza axustarán o seu horario de funcionamento ás normas que dicte en cada caso a entidade pública que teña encomendada esta competencia.

22º .3. Fixado pola autoridade competente, o horario de peche marca o final da actividade, e non poderá seguir funcionando, dentro ou fóra do local, ningún instrumento ou equipo musical, incluíndo radio e televisión, ou calquera aparello susceptible de producir ruídos e/ou vibracións.

Artigo 22º . Medidas adicionais específicas do estudio de impacto acústico.

22º .1. Para conceder licencia de apertura dunha actividade con equipo de música ou que inclúa a previsión de actuacións musicais, o estudio de impacto acústico deberá describir necesariamente os seguintes aspectos da instalación :

22º .1.1. Estado actual de cada un dos elementos constructivos dos locais, así coma o illamento acústico de cada un deles antes de insonorizar.

22º .1.2. Características dos equipos musicais (potencia acústica e gama de frecuencias).

22º .1.3. Localización do equipo, e emprazamento dos altofalantes.

22º .1.4. Estudio xustificativo dos illamentos necesarios, coa descrición dos cálculos realizados por bandas de oitava nas frecuencias de 250 a 2000 Hz.

22º .1.5. Sistema de illamento acústico, con detalle dos materiais utilizados (gama de frecuencias e absorción acústica), e planos do montaxe a escala 1:50.

22º .2. Fíxanse as seguintes medidas correctoras :

22º .2.1. Cerramentos laterais e fachadas :

§ Nos locais de café - bar especial ou pub, onde os niveis de emisión sexan iguales ou superiores a 80 dBA, as portas deberán estar permanentemente cerradas, consonte prevé o Artigo 25 desta Ordenanza.

§ Nos locais dos grupos III e IV, con niveis de emisión superiores ou iguales a 90 dBA, deben suprimirse as fiestras ou darlles un tratamento especial (dobre ou triple cristal).

§ A magnitude do illamento estará en función do nivel de emisión máxima no local e dos niveis máximos no local de recepción.

22º .2.2. Altofalantes. Os ancoraxes destes deberán ser elásticos.

22º .2.3. Dobres teitos. Entre estes e o forxado do edificio unicamente se poderá instalar material illante, non permitíndose a fixación, mediante perforacións no dobre teito, de dispositivos de iluminación, de emisión sonora (altofalantes) ou de ventilación. Así mesmo, deberá xustificarse que os retornos de ventilación forzada non se instalan no interior deste dobres teitos. Deixarase un punto de inspección cada 50 m co obxecto de poder comprobar a instalación do material illante do dobre teito.

22º .2.4. Pisos. Co obxecto de evita-la transmisión directa que ocasionan os altofalantes de baixos e os impactos de taconeo ou de baile, ou o arrastre de obxectos, establécese como aconsellable a instalación de pisos flotantes. Este sistema será de obrigatoria instalación para niveis de ruído superiores a 80 dBA.

22º .2.5. Piares. Para niveis de emisión superiores a 80 dBA é obrigatorio o illamento dos piares do resto da estructura do edificio.

22º .2.6. Nos locais con niveis superiores ou iguais a 90 dBA deberán separarse as zonas de ruído elevado e pistas de baile das zonas menos ruidosas.

Artigo 23º . Certificado final de obra.

Os locais públicos destinados ó espallamento e ocio terán que dispor do tratamento acústico de paredes, teitos e solos con fin de garanti-los illamentos mínimos requiridos. O certificado final de obra recollerá necesariamente que os materiais e sistemas proxectados foron instalados.

Artigo 24º . Illamento acústico e niveis de recepción interna.

24º .1. Ós proxectos de actividades que implican o funcionamento dentro do horario nocturno, especificados no Anexo III desta Ordenanza, esixiráselles uns valores mínimos do illamento global, especificados mediante o Índice de Reducción Sonora Aparente e recollidos no apartado 3 do Anexo III da presente Ordenanza. Ademais, os niveis de recepción interna nos locais ou vivendas lindantes non poden exceder os límites fixados no apartado 2 do Anexo II desta Ordenanza.

24º .2. Previamente á apertura, e sen prexuízo doutras certificacións que se lle poidan esixir ós titulares da actividade, os servicios técnicos municipais ou as entidades ou empresas homologadas pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, emitirán certificación dos illamentos acústicos conseguidos, tanto entre a actividade e as vivendas lindantes co local, como na fachada. Así mesmo, incluirase a medición dos niveis de recepción interna na vivenda ou local mais afectado coas fontes sonoras do local en funcionamento.

24º .3. As medicións esixidas no parágrafo anterior realizaranse do seguinte xeito :

24º .3.1. O illamento calcularase a partir da medición "in situ" dos niveis de emisión e de recepción, así como dos tempos de reverberación, coma se indica nas normas ISO 140-4 e ISO 140-5, e valorado, segundo a norma ISO 717-1, na banda de oitava coa frecuencia central é de 500 Hz.

24º .3.2. Nos locais que dispoñan de equipo de música, ou que teñan a previsión de actuacións musicais, mediranse os niveis de recepción interna na vivenda ou local mais afectado reproducindo un son rosa no equipo a inspeccionar e co mando do potenciómetro de control do volume situado para a máxima saída de potencia.

24º .3.3. Nos locais que non dispoñan de equipo musical, os niveis de recepción interna mediranse no local ou vivenda máis afectada e con tódalas fontes de son da actividade en funcionamento.

Artigo 25º . Aparellos de Control (Limitadores - Rexistradores).

Para o mellor control dos límites sonoros regulados nesta Ordenanza, será obrigatorio instalar aparellos de control permanente da emisión sonora, deseñados para causa-la atenuación ou interrupción da emisión cando se superen os límites máximos establecidos. Ditos equipos deberán estar homologados polo Ministerio de Ciencia y Tecnología, e as súas especificacións técnicas serán as seguintes :

a) Rexistrar e almacena-lo período de funcionamento da actividade, cos datos de data e hora de inicio, data e hora de terminación, e os correspondentes niveis de inmisión de ruídos.

b) Rexistrar e almacena-los períodos de funcionamento, con data e hora de acendido e apagado, das fontes sonoras.

c) Conserva-la información durante un mes para permiti-la súa inspección posterior.

d) Dispor dun sistema de transferencia dos datos dende o limitador ata os sistemas informáticos municipais. Estas operacións non deberán destruír ou manipular os datos almacenados no equipo de control.

e) Contar cun dispositivo para evitar posibles manipulacións do limitador, mediante chaves electrónicas ou claves de acceso.

Esixiráselle á actividade un certificado da calibración do equipo de control, obtido mediante medición "in situ", expedido por empresa ou entidade homologada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. No informe correspondente deberanse describir os equipos de reproducción e limitación sonora instalados e o valor co que foi calibrado o sistema de control.

Os cambios que se produzan con posterioridade á realización da limitación deben ser notificados ó Concello, co fin de proceder a un novo proceso de calibrado do sistema limitador.

Artigo 26º . Dobre porta.

Co fin de evita-la transmisión sonora directamente ó exterior, nos establecementos nos que se instale equipo musical con un nivel de emisión igual ou superior ós 80 dBA, será obrigatoria a instalación dunha dobre porta, con peche automático e dispositivo antipánico de apertura manual, constituíndo un vestíbulo que actúe como cámara de control, para impedir que as dúas portas estean abertas ó mesmo tempo. Ámbalas dúas portas deberán permanecer constantemente pechadas no horario nocturno, agás para a entrada e saída de persoas. Dito sistema deberá ter as seguintes características :

a) Portas acústicas, cun illamento idéntico ó precisado segundo a clasificación do establecemento.

b) Elementos tipo visor que permitan visualiza-lo espacio entre portas.

Artigo 27º . Aviso de niveis sonoros.

Tódolos establecementos públicos que dispoñan de equipo musical de elevada potencia, independentemente de outras limitacións establecidas nesta Ordenanza, non poderán superar niveis sonoros máximos de 90 dBA, nin picos de 130 dBA, en ningún punto ó que teñan acceso os clientes ou usuarios, salvo que no acceso do referido espacio se coloque un aviso no que se informe que a exposición prolongada os niveis sonoros do interior do local poden producir lesións permanentes no oído. Dito aviso deberá ser perfectamente visible, o que esixirá a axeitada elección do seu emprazamento, dimensións e iluminación.

Artigo 28º . Ruídos no exterior.

28º .1. Os titulares de establecementos, ou os dependentes ou encargados que presten servicios no mesmo, serán responsables de velar para que os usuarios, ó entrar ou saír do local, non produzan molestias á veciñanza. No caso de que as súas recomendacións non sexan atendidas, deberán avisar á Policía Local ou ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia. Actuarán do mesmo xeito se constatan a consumición de bebidas, expedidas no dito local, fóra do establecemento. No caso de que se incumpra o estipulado neste apartado, os titulares dos establecementos poderán ser considerados responsables, por cooperación necesaria, das molestias que se puidesen producir, e como tal seralles de aplicación o réxime sancionador desta Ordenanza.

28º .2. Os titulares dos establecementos coidarán do mantemento da orde nas terrazas, debendo solicita-la actuación da Policía Local ou ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, no caso de alteración ou molestia esaxerada para a veciñanza. Neste sentido, nas declaracións ou licencias de actividade ou apertura que se expidan para estes establecementos, preverase que o quebranto reiterado deste deber pode comporta-la revogación da autorización ou licencia, logo dun expediente contradictorio instruído para o efecto. Cando o local público no que se desenvolvan actividades de ocio e que dispoña de licencia de espacios abertos produza uns niveis de ruído superiores ós permitidos, considerarase ó titular responsable das molestias, séndolle de aplicación o réxime sancionador previsto nesta Ordenanza.

28º .3. As actividades complementarias no exterior (terrazas na vía pública), debidamente autorizadas, desenvolvidas polos establecementos de bar, cafetería, restauración, café-bar especial pub e similares, non poderán, en ningún caso, producir ruídos que superen, en espacios estremeiros ou superiores, os valores de recepción que figuran no Anexo II desta Ordenanza. En todo caso, non poderán situarse ou utilizarse nos espacios adicados a estas actividades equipos de música ou reproductores sonoros, así como calquer outro elemento susceptible de xerar ruído ou molestia.

28º .4. Naquelas zonas da cidade onde existan numerosas actividades destinadas ó uso de establecementos abertos ó público, e sempre que os niveis de recepción no ambiente exterior superen en máis de 3 dBA os niveis fixados nesta disposición, o Concello poderá declaralas como Zonas Acusticamente Saturadas, conforme se sinala no Artigo 8.

Capítulo IV. Regulamentación do ruído de tráfico.

Artigo 29º . Vehículos de tracción mecánica.

29º .1. Todo vehículo de tracción mecánica terá en boas condicións de funcionamento o motor, a transmisión, carrozaría e demais elementos susceptibles de producir ruídos, especialmente o dispositivo silenciador dos gases de escape, con fin de que el nivel sonoro emitido polo vehículo con motor en marcha non exceda dos límites previstos no Decreto 1439/1972, de 25 de maio, sobre homologación de automóbiles respecto o ruído.

29º .2. Os límites máximos admisibles para ruídos emitidos polos distintos vehículos de motor en circulación serán os establecidos para as emisións de vehículos terrestres, no Decreto citado no paragrafo anterior.

29º .3. Conforme o disposto no artigo 10º do Texto Articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridade vial aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, modificado pola Lei 19/2001, de 19 de decembro, non se permitirá a circulación de vehículos con niveles de ruídos superiores ós regulamentariamente establecidos.

Artigo 30º . Dispositivos acústicos.

Conforme o disposto nos artigos 7, 110 e seguintes do Real Decreto 13/1992, do 17 de xaneiro, por lo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do Texto Articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, respectaranse as seguintes limitacións :

30º .1. Os conductores de vehículos a motor, agás os que serven en vehículos da policía gobernativa ou municipal, servicios de extinción de incendios e salvamento, e outros vehículos destinados os servicios de urxencia, no poderán facer uso dos dispositivos acústicos en todo o termo municipal durante as 24 horas do día, agás cando se trate de evitar un accidente ou se realice un servicio urxente de auxilio, supostos nos que serán utilizados de forma adecuada e proporcionada.

30º .2. Prohíbese a circulación de vehículos a motor con escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.

30º .3. De igual xeito, prohíbese forzar o violentar-las marchas dos vehículos producindo ruídos molestos ou innecesarios, aínda que estivesen dentro dos límites máximos admisibles.

30º .4. Así mesmo, prohíbese a circulación de vehículos a motor cando, por exceso de carga, produzan ruídos superiores ós sinalados na lexislación estatal vixente.

Artigo 31º . Restriccións de circulación.

31º .1. De conformidade co artigo 5.3º da Lei 7/1997, de 11 de agosto, nos casos nos que o ruído do tráfico afecte notoriamente a tranquilidade da poboación, o Concello poderá sinalar zonas ou vías nas que algunhas clases de vehículos a motor non poderán circular ou deberán facelo de forma restrinxida en horario e velocidade.

31º .2. A efectos do establecido no parágrafo anterior, considéranse as zonas que soportan un nivel de ruído, debido o tráfico rodado, que alcance valores de nivel continuo equivalente (LpAeq) superior a 55 dB durante o período nocturno (de 22 h a 8 h) e a 65 dB no período diúrno (de 8 h a 22 h).

Artigo 32º . Inspección e control.

32º .1. A policía local poderá esixir os conductores de vehículos a motor e ciclomotores que, ó seu xuízo, excedan os límites de emisión permitidos, o sometemento ás probas de control de ruídos conforme o disposto no artigo 10.6º , inciso segundo, da Lei de 19 de decembro de 2001, de modificación do Real Decreto Lexislativo 339/1990. Así mesmo, e de conformidade con esas mesma normativa, os axentes da autoridade poderán inmobiliza-lo vehículo nos casos de supera-los niveis de ruídos regulamentariamente permitidos e nos termos previstos no artigo 70.2º do referido Real Decreto.

32º .2. Os vehículos cun nivel sonoro que exceda os límites máximos establecidos no Decreto 1439/1972, de 25 de maio, sobre homologación de automóbiles respecto o ruído, serán obxecto da correspondente denuncia.

32º .3. Consonte o disposto no artigo 7º do Decreto 1439/1972, de 25 de maio, sobre homologación de vehículos, os axentes de vixilancia do tráfico formularán denuncias por infracción do disposto na presente Ordenanza cando, coa axuda de aparellos medidores de ruído comproben que o nivel de ruídos producidos por un vehículo en circulación superan os límites sinalados no artigo 6º do devandito Decreto. Poderá, así mesmo, formularse denuncia polos axentes de vixilancia de tráfico sen necesidade de aparellos medidores, cando se trate de vehículos que circulen co chamado «escape libre» ou produzan, por calquera outra causa, un nivel de ruídos que notoriamente supera os límites máximos establecidos.

32º .4. O titular do vehículo denunciado poderá unir o prego de descargo, certificación expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio ou por empresa homologada, na que se faga constar o nivel de ruído comprobado pola mesma, sempre que presente o vehículo ante aquel organismo no prazo de dous días hábiles seguintes a entrega ou recepción de boletín de denuncia.

32º .5. A estimación dos niveis sonoros emitidos polos vehículos farase seguindo o procedemento establecido na norma ISO 5130.

Capítulo V. Regulamentación do ruído para actividades varias.

Artigo 33º . Actividades varias.

33º .1. A producción de ruídos e vibracións na vía pública, nas zonas de pública concorrencia ou no interior dos edificios, non poderá superar, tanto de día como de noite, os límites establecidos nesta norma para garantir una correcta convivencia cidadá.

33º .2. Os donos de animais domésticos deben de evitar calquera tipo de ruído provocado polos animais entre as 22 horas e as 8 horas para velar pola tranquilidade dos veciños. No resto das horas que compoñen o día, non se permitirá que o nivel de ruídos producido polos animais exceda os límites da boa convivencia e en ningún caso os valores establecidos en esta disposición. O dono será responsable de ruído producido polos seus animais.

33º .3. Os propietarios ou usuarios de aparellos productores de son e instrumentos musicais ou acústicos que fagan uso deles, xa sexa no propio domicilio ou nas zonas públicas, no deberán excede-los límites establecidos. Soamente en casos excepcionais se poderá exceder destes límites si o Concello concede a autorización oportuna.

33º .4. Comportamento nocturno. Entre as 22 horas e as 8 horas queda prohibido:

a) Cantar, usar instrumentos, equipos musicais ou semellantes, gritar ou vociferar.

b) Realizar reparacións domésticas ou traballos que produzan molestias, excepto autorización expresa.

C) Consumo de alcohol nas rúas.

d) Utilizar aparatos domésticos se emiten un nivel de ruído superior o permitido nesta disposición.

e) Calquera outra actividade ou comportamento singular ou colectivo, non comprendido nos apartados precedentes, que comporte unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia dunha conducta cívica normal, será sancionado conforme ó establecido nesta Ordenanza.

Artigo 34º . Traballos na vía pública e na edificación.

34º .1. Nos traballos realizados tanto na vía pública como na edificación non se autorizará o emprego de maquinaria que teña un nivel de emisión externo (NEE) superior a 90 dB (A).

34º .2. Os traballos realizados tanto na vía pública como na edificación non poderán realizarse entre as 22 horas e as 8 horas si producen niveis sonoros superiores ó establecido con carácter xeral nesta Ordenanza.

34º .3. Exceptúanse da prohibición anterior as obras urxentes, as que se realicen por razóns de necesidade ou perigo e aquelas que polos seus inconvenientes non poidan levarse a cabo durante o día. O traballo nocturno deberá ser expresamente autorizado polo Concello, que determinará os límites sonoros que deberá cumprir en función das circunstancias que concorran en cada caso, sen prexuízo do establecido na lexislación laboral.

Artigo 35º . Carga e descarga.

35º .1. Prohíbense as actividades de carga e descarga de mercadorías, manipulación de caixas, contedores, materiais de construcción e obxectos similares na vía pública, entre las 22 horas y las 8 horas, cando estas operacións superen os límites sonoros establecidos no Anexo II da presente Ordenanza. É preceptiva a autorización municipal expresa para aquelas actividades que xustifiquen tecnicamente a imposibilidade de respecta-los límites establecidos.

35º .2. No horario restante da xornada laboral, estas actividades deberán realizarse co máximo coidado a fin de minimiza-las molestias e reducilas ás estrictamente necesarias.

Artigo 36º . Limpeza e recollida de lixo.

O servicio público nocturno de limpeza e recollida de lixo adoptará as medidas e as precaucións necesarias para reducir ó mínimo o nivel de perturbación da tranquilidade cidadá. Nos pregos das cláusulas administrativas particulares deste servicio se especificaranse, entre as condicións de execución, os valores límite de emisión sonora aplicables os vehículos e á actividade que estes realizan.

Artigo 37º . Dispositivos sonoros.

37º .1. Con carácter xeral, non se permitirá o emprego de ningún dispositivo sonoro con fines de propaganda, reclamo, aviso o espallamento. Esta prohibición non rexerá nos casos de alarma, urxencia ou especial significación cidadá determinada polo Concello.

37º .2. Para os efectos desta disposición, enténdese como sistema de alarma todo dispositivo sonoro que teña por finalidade indicar unha manipulación sen autorización de una instalación, ben ou local.

37º .3. Co fin de evitar ou minimizar as molestias ocasionadas polos sistemas de alarma, deberán terse en conta as normas establecidas nos seguintes apartados :

a) Os propietarios das alarmas deberán poñer en coñecemento da Policía Local os seus datos persoais para que, unha vez avisados do seu funcionamento anómalo, procedan de inmediato á súa interrupción. O descoñecemento de titular ou persoa responsable por parte de la Policía Local será entendido como autorización tácita a favor desta para o uso dos medios necesarios para interromper o sistema de aviso. Esta medida enténdese sen prexuízo da imposición da correspondente sanción, cando as molestias deriven de actos imputables á actuación do propietario ou industrial subministrador, como consecuencia dunha deficiente instalación do aparello ou dunha falta das operacións necesarias para mantelo en bo estado de conservación.

b) Prohíbese a activación voluntaria dos sistemas de alarma, salvo nos casos de proba e ensaio que se indican:

§ Iniciais: serán os casos que se realicen inmediatamente despois das instalacións para comproba-lo seu funcionamento. Poderán efectuarse entre as 10 e as 18 horas da xornada laboral.

§ Rutineiras: serán as de comprobación periódica do correcto funcionamento dos sistemas de alarma. Solo poderán realizarse unha vez o año e en un intervalo máximo de 5 minutos, dentro dos horarios anteriormente indicados da xornada laboral. A Policía Local deberá coñecer previamente o plan de estas comprobacións, coa expresión do día e da hora na que se van a realizar.

TITULO IV. RÉXIME XURIDICO.

Capítulo I. Disposicións xerais.

Artigo 38º . Remisión normativa.

Para o non previsto nesta Ordenanza, será de aplicación:

§ A Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, desenvolvida a través do Regulamento de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.

§ A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

§ O Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.

§ O capítulo II do título IX da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

§ O Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

§ Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

§ Lei 19/2001, do 19 de decembro, de reforma do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

§ Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

§ Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Capítulo II. Inspección e vixilancia.

Artigo 39º . Actividade de inspección.

39º .1. O persoal do Concello, ou empresa habilitada debidamente identificada, poderá levar a cabo visita de inspección ás actividades que se veñan desenvolvendo e ás instalación en funcionamento para os efectos de comprobar o cumprimento das determinacións da presente Ordenanza. Cando para a realización de inspeccións sexa necesario entrar nun domicilio, será preceptiva a correspondente autorización xudicial. Nos demais supostos, o persoal, debidamente identificado, estará facultado para acceder ás instalacións ou establecementos, se é o caso, sen previo aviso.

39º .2. As visitas de inspección poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal ou trala solicitude de calquera interesado dirixida á autoridade administrativa competente. As solicitudes conterán, ademais dos datos esixibles ás instancias na lexislación que regula o procedemento administrativo, os datos precisos para a realización da visita de inspección. Nos casos de recoñecida urxencia, cando os ruídos resulten altamente perturbadores ou cando sobreveñan ocasionalmente por uso abusivo, deterioro ou deficiente funcionamento das instalacións, aparellos ou equipos, a solicitude de visita de inspección poderá formularse directamente ante os servicios de inspección tanto de palabra como por escrito.

39º .3. As visitas de inspección realizaranse tendo en conta as características do ruído e das vibracións existentes. Para tal fin, as medicións relativas ó ruído obxectivo se realizarán previa citación do responsable do foco ruidoso e as medicións relativas ó ruído subxectivo practicaranse sen coñecemento do titular, sen prexuízo de que en este último caso poida ofrecerse ó responsable do foco ruidoso unha nova medición na súa presencia para o seu coñecemento.

39º .4. Unha vez concluídas as medicións, entregaráselles os interesados unha copia do resultado delas. As actas emitidas polos órganos competentes gozan de presunción de veracidade en canto ós feitos contidos nelas e constitúen proba dabondo para os efectos do correspondente procedemento sancionador, non sendo que se achegue polos interesados algunha proba en contrario. Tal presunción esténdese ás medicións realizadas con instrumentos que reúnen os requisitos regulamentarios establecidos na Lei 7/1997 de Protección contra a Contaminación Acústica, do 11 de Agosto, e no Regulamento de Protección contra a Contaminación Acústica, aprobado no Decreto 150/1999, do 7 de Maio.

Capítulo III. Réxime sancionador.

Artigo 40º . Infraccións.

40º .1. Considéranse infraccións administrativas as accións ou omisións que contraveñan as disposicións desta Ordenanza e demais normativa sobre contaminación acústica.

40º .2. As infraccións se clasifican en leves, graves ou moi graves, de conformidade co tipificado nos artigos seguintes, de acordo co establecido no Capítulo III, Título III da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

40º .3. En base ó Artigo 7 do R.D. 1398/1993, do 4 de Agosto, o Concello poderá iniciar de oficio a tramitación de procesos penais contra os infractores en materia de contaminación acústica, tal como se recolle no Artigo 325 do Código Penal.

Artigo 41º . Faltas Leves.

Constitúe falta leve:

a) A superacin dos lmites admitidos hasta 5 dB(A).

b) A transmisin de niveles de vibracin correspondente curva base inmediatamente superior mxima admitida para cada situacin (anexo Lei 7/1997, de 11 de agosto).

c) A circulación de vehículos a motor con escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.

d) A non presentación dos vehículos ás inspeccións.

e) A contravención das obrigas previstas nos apartados 2º , 3º e 4º do artigo 30º desta Ordenanza.

f) Calquera outra infracción as normas da presente Ordenanza, non cualificada expresamente como falta grave ou moi grave.

Artigo 42º . Faltas graves.

Constitúe falta grave:

a) A superación en máis de 5 dBA dos valores límite admitidos.

b) A transmisión de niveis de vibración correspondentes ás dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación (Anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto).

c) A vulneración expresa dos requirimentos municipais para a corrección das deficiencias observadas, así como a manipulación ou alteración dos equipos de control ou dos seus accesorios.

d) A negativa ou obstrucción á labor inspectora. Considerase, en todo caso, como resistencia á actuación inspectora impedir ó persoal do Concello ou ó persoal da empresa colaboradora a entrada os recintos e locais onde deban realizarse as inspeccións, sempre e cando a Administración actuante observase os requisitos formais establecidos nesta Ordenanza.

e) A reincidencia en falta leve no prazo de doce meses.

f) O inicio de actividades ou a apertura de establecementos e instalacións susceptibles de producir ruídos ou vibracións sen obter la previa autorización ou licencia.

g) La transgresión ou incumprimento das condicións impostas na autorización ou licencia, así como a non adopción das medidas correctoras sinaladas polo órgano competente. Neste ultimo suposto, os suxeitos responsables poderán evita-la imposición de sanción se proceden voluntariamente á paralización ou non iniciación da actividade.

h) Desenrolar unha actividade que non se corresponda coa licencia concedida ou que non se axusta ó grupo para o que se solicitou a licencia.

Artigo 43º . Faltas moi graves.

Constitúen faltas moi graves:

a) A superación en máis de 15 dB (A) dos valores límite admitidos.

b) A transmisión de niveis de vibración correspondentes a máis de dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación (anexo Lei 7/1997, do 11 de agosto).

c) A reincidencia en faltas graves no prazo de 12 meses.

d) O incumprimento das ordes de clausura dos establecementos ou de paralización da actividade acordadas pola autoridade competente.

Artigo 44º . Sancións.

As infraccións ós preceptos desta Ordenanza sancionaranse do seguinte xeito, de acordo ó establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

a) Infraccións leves, con multa de ata 1.500 euros.

b) Infraccións graves, con multa dende 1501 euros ata 12.000 euros, clausura temporal do establecemento ou paralización da actividade por un período temporal non superior a 6 meses.

c) Infraccións moi graves, con multa dende 12.001 ata 300.000 euros, clausura do establecemento ou paralización da actividade por un período temporal superior a 6 meses ou con carácter definitivo.

Artigo 45º . Atenuantes.

Sempre que a comisión da infracción se produza por primeira vez e a corrección da emisión de ruído que orixinou a sanción se fixese nun prazo de 48 horas, reducíndoa ó nivel autorizado, a sanción imporase no seu grao mínimo. En todo caso, o prazo computarase a partir da comprobación da comisión da infracción.

Artigo 46º . Clausura.

A sanción de clausura temporal ou definitiva poderá impoñerse naquelas infraccións nas que se aprecie reiterada resistencia ó cumprimento do ordenado polo órgano competente ou manifesta actitude obstructiva do titular da instalación no sentido de dificultar, falsear ou desvirtua-lo resultado da inspección.

Artigo 47º . Medidas complementarias.

Na resolución que poña fin ó procedemento sancionador poderá acordarse, aparte da imposición da sanción correspondente, a adopción de medidas correctoras, así como a indemnización dos danos e prexuízos ocasionados como consecuencia da actividade infractora. Para a execución destes actos, se o infractor non os cumprise voluntariamente no prazo que se sinale a tal efecto, poderán impoñérselle multas coercitivas sucesivas de ata 3.005,06 euros cada una. Igualmente poderá ordenarse a execución subsidiaria nos termos previstos no artigo 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 48º . Prescripción.

As infraccións as que se refire este regulamento prescribirán nos seguintes prazos, dende a comisión do feito :

a) Seis meses, no caso de infraccións leves.

b) Dous años, no caso de infraccións graves.

c) Catro años, no caso de infraccións moi graves.

Artigo 49º . Medidas cautelares.

Con independencia das demais medidas que se adopten para garantir-la eficacia da resolución que no seu momento se dicte, con carácter cautelar o Concello poderá acorda-la inmediata adopción de medidas correctoras imprescindibles para evita-los danos ou molestias graves que se estean ocasionando como consecuencia das actividades presuntamente infractoras. Igualmente, e co mesmo carácter cautelar, poderá acordarse a paralización da actividade ou a clausura das instalacións ou dos establecementos cando a producción de ruídos ou vibracións supere os niveis establecidos para a súa tipificación como falta moi grave, ou ben cando, acordada a adopción de medidas correctoras, o requirimento municipal resultase incumprido no prazo que a tal efecto se sinale. Tamén poderá acordarse o precinto de equipos, así como calquera outra medida que se considere imprescindible para evita-la persistencia na actuación infractora. Estas medidas adoptaranse despois de audiencia do interesado, por un prazo de cinco días, excepto naqueles casos que esixan unha actuación inmediata.

TITULO V. ACCIÓN MUNICIPAL E SOLUCIÓN DE CONFLICTOS.

Artigo 50º . Acción municipal.

A acción municipal en materia de contaminación acústica concretarase nun programa xeral de actuacións baseado nos seguintes principios e criterios:

a) Prevención, corrección e mellora.

b) Información.

c) Concienciación.

Como punto de partida haberá que coñecer o grao de concienciación dos cidadáns ante o problema para, posteriormente, introducir hábitos de conducta compatibles cun maior benestar. O Concello establecerá un programa de auditoría interna bianual como método de seguimento do programa de actuación dos que os seus resultados evidenciarán a necesidade de revisión dos obxectivos marcados polo mesmo.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

O réxime que establece a presente Ordenanza enténdese sen prexuízo das intervencións que correspondan a outros organismos da administración na esfera das súas competencias.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Primeira. Os titulares das actividades, instalacións ou prestacións de servicios autorizados con anterioridade á entrada en vigor da presente Ordenanza, que non se axusten ó disposto nela e que superen os niveis máximos de ruídos e vibracións establecidos nesta Ordenanza, disporán dun prazo máximo de dous meses, a partir da publicación desta norma, para adapta-los establecementos as medidas previstas nela.

DISPOSICIÓN FINAL

Conforme ó establecido nos Artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das bases de réxime local, esta Ordenanza entrará en vigor ós 15 días hábiles da súa publicación completa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, unha vez aprobada definitivamente polo pleno da Corporación municipal, e rexerá en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.

ANEXO I. ZONAS DE SENSIBILIDADE E CLASIFICACIÓN DOS RECINTOS.

1. Zonas de sensibilidade

A. Zona de alta sensibilidade acústica. Sectores do territorio que admiten unha protección alta contra o ruído, como áreas sanitarias, docentes, culturais ou espacios protexidos.

B. Zona de moderada sensibilidade acústica. Sectores do territorio que admiten unha percepción do nivel sonoro medio, como áreas residenciais, vivendas, hoteis ou zonas de especial protección como centros históricos.

C. Zona de baixa sensibilidade acústica. Sectores do territorio que admiten unha percepción do nivel sonoro elevado, como áreas de recreo, zonas industriais, centros comerciais, etc.

D. Zona de servidume. Sectores do territorio afectados por servidumes sonoras a favor de sistemas xerais de infraestructuras.

E. Zonas específicas. Xustificadas polo uso do solo ou a concorrencia doutras causas.

Estas zonas, agás as de servidume, teñen adscritos cinco tipos de recintos, clasificados segundo os usos.

2. Tipos de recintos.

a. Tipo I: dormitorios en edificios sanitarios, clínicas ou centros de repouso, auditorios, teatros de opera.

b. Tipo II: dormitorios en vivendas, consultorios médicos, dormitorios de hoteis e teatros.

c. Tipo III: salas de estar, aulas de ensino, centros de culto, bibliotecas, oficinas de dirección, cines, salas de exposición, museos.

d. Tipo IV: usos comúns de vivendas, corredores, cociñas, recibidores, salas de espera, laboratorios.

e. Tipo V: comercios, restaurantes, polideportivos, piscinas cubertas, estacións de viaxeiros.

Calquera outro uso non recollido incluirase no tipo ao que máis se poida asimilar.

ANEXO II. VALORES DE RECEPCIÓN.

Entenderase por valores de recepción os niveis de avaliación máximos recomendados no ambiente exterior ou interior e fíxanse en función do período horario e da zona de sensibilidade acústica. Estes valores serán medidos na forma e nas condicións sinaladas nos anexos da Lei 7/1997 de Protección Contra a Contaminación Acústica, do 11 de Agosto, e no Regulamento de Protección contra a contaminación Acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.

Os niveis sinalados nos seguintes apartados son os equivalentes, ponderados ca curva de referencia normalizada A (LpAeq) e medidos utilizando a constante de tempo Slow.

1. Valores de recepción do ruído no ambiente exterior.

Segundo a Táboa I, estes valores determínanse en termos da localización dentro das diferentes zonas de sensibilidade acústica e do horario.

Zonas de sensibilidade acústica

Horario diúrno (dBA)

Horario nocturno (dBA)

A

60

50

B

65

55

C

70

60

D, E

75

65

Táboa I. Niveis máximos de recepción externa.

 

A zona de servidume sonora derivada da existencia ou previsión de focos emisores de ruído e/ou vibración, como poden ser as infraestructuras viarias, as ferroviarias ou outros equipos públicos que o reclamen, será delimitada polo Concello no planeamento urbanístico ou polos procedementos previstos na lexislación de réxime local.

A zona de servidume abranguerá o territorio do contorno do foco emisor e delimitarase nos puntos do territorio ou curva isófona (curva de igual percepción de son), onde se midan os valores guía de recepción no ambiente exterior que correspondan de acordo coas zonas de sensibilidade acústica.

No caso de que pola zona de sensibilidade acústica A transcorra unha autoestrada, a zona de servidume derivada desta comprenderá o territorio do contorno da autoestrada ata os puntos do espacio delimitado pola curva isófona 60 dBA.

Excepcionalmente, o Concello poderá autorizar unha ampliación determinada, de carácter temporal e xustificada, nos niveis máximos no ambiente exterior en puntos determinados do termo municipal, atendendo a eventos singulares programados tales como celebracións, feiras, festas ou manifestacións, ao mesmo tempo que se darán as ordes precisas para reducir ao máximo as molestias aos cidadáns.

 

1. Valores de recepción do ruído no ambiente interior.

Segundo a Táboa II, este valores especifícanse en función do tipo de recinto, da localización dentro das diferentes zonas de sensibilidade acústica e do horario.

 

Zonas de sensibilidade acústica

Horario diúrno (dBA)

Horario nocturno (dBA)

A

30

25

B

35

28

C,D,E

40

35

Táboa II. Niveis máximos de recepción interna

3. Valores de recepción das vibracións no ambiente interior.

Para a valoración das vibracións usaranse as curvas base da norma ISO-2631-2, transcrita na Lei 7/1997 de Protección contra a contaminación acústica da Comunidade Autónoma de Galicia. Os valores de recepción son os mostrados na Táboa III.

 

Lugar

Horario

Curva base

Sanitario

Diúrno

1

Nocturno

1

Residencial

Diúrno

2

Nocturno

1,4

Oficinas e comercio

Diúrno

4

Nocturno

4

Industria e Almacéns

Diúrno

8

Nocturno

8

Táboa III. Valores de recepción das vibracións no ambiente interior.

ANEXO III. DEFINICIÓNS E CLASIFICACIÓNS POR GRUPOS DAS DIFERENTES ACTIVIDADES DE ESPAREXEMENTO E OCIO.

1. Definición das actividades.

§ Bar: establecemento público destinado á expedición de bebidas ou comidas que adoitan tomarse de pé ante o mostrador ou en mesas.

§ Café: establecemento onde se bebe café ou outras bebidas.

§ Cafetería: establecemento público destinado á expedición de café e bebidas de calquera clase. Serve tamén, por un prezo establecido e principalmente na barra ou mostrador, a calquera hora dentro das que permaneza aberta, pratos fríos e quentes, simples ou combinados, confeccionados de ordinario á prancha, para refrixerio rápido.

§ Café-cantante: establecemento público de características similares ao anterior, pero amenizado por cantantes ou músicos.

§ Café-concerto: teatro onde os espectadores poden fumar e beber, cun programa que inclúe números de canto, pantomimas e ballets.

§ Café-bar especial: nas súas variantes actuais pode estar amenizado con música ambiental, quedando asimilado ao pub.

§ Pub: voz inglesa abreviatura de public-house (local público). Establecemento orixinalmente británico onde se poden tornar bebidas alcohólicas, e que a dinámica social dos nosos tempos transformou nun centro de diversión ambientada con música.

§ Discoteca: local de pública concorrencia onde se expenden bebidas alcohólicas e se baila con acompañamento musical habitualmente a base de soportes discográficos.

§ Tablao flamenco: local público que dispón de tarima ou escenario para actuacións dun determinado espectáculo flamenco. O termo estivo referido nun principio aos denominados cafés-cantantes.

§ Sala de festas: salón de baile ou cabaret: do francés, taberna. Lugar de ocio onde se bebe, se baila e se representan espectáculos, principalmente de noite. Sinónimo de boite e de music-hall.

§ Karaoke: establecemento público onde se expenden bebidas alcohólicas e, segundo moda importada do Xapón, os usuarios intentan reproducir coa súa voz sobre un fondo musical que os guía e arroupa calquera das cancións.

§ Restaurante: establecemento público onde se serven comidas, As súas diversas clases comprenden unha gamma infinita, dende a modesta casa de comidas que proporciona un menú fixo a prezos moi económicos ata os suntuosos restaurantes de fama: quedan encadradas dentro desta categoría as súas variantes como ventas, mesón, grellas, etc.

§ Barra americana: establecemento público onde, nun ambiente marcadamente erótico e amenizado con música, se venden bebidas alcohólicas servidas por persoal feminino ou masculino. Quedan comprendidos dentro desta categoría os bares de alterne, as whisquerías e os nigth-clubs.

2. Clasificación das actividades.

Na seguinte clasificación agrúpanse as actividades en función do seu grao de molestia :

Grupo I : Bar, Café, Café-bar, Cafetería, Restaurante, mesón, Grella, Taberna e Adega.

Grupo II : Café-bar especial e Pub.

Grupo III : Café cantante, Café concerto, Karaoke e Boleiras.

Grupo IV : Discoteca e sala de baile, Sala de festas, Tablao flamenco, Music-hall.

Grupo V : Barra americana, Bares de alterne, Night-club, Whisquería.

As actividades non expresamente comprendidas na anterior nomenclatura encadraranse dentro do grupo co que teña mais afinidade. Para os casos non previstos nesta clasificación, estarase ao disposto no Regulamento xeral de policía, no referente a espectáculos públicos, no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, ou nas normas que os substitúan, e na normativa especifica, en caso de que a haxa.

3. Illamentos acústicos.

§ Como norma xeral, ás actividades con horario nocturno esixiráselles un illamento acústico a ruído aéreo mínimo de 60 dBA respecto aos locais destinados a uso residencial.

§ Esixirase que as actividades de ocio nocturno dispoñan nos seus elementos de delimitadores, teito, chan e paredes, dos niveis mínimos de illamento global acústico a ruído aéreo que seguen:

a) Os locais destinados a bar, cafetería ou restaurante, de 60 dBA. Nestes locais, os únicos aparellos de son autorizados refírense á televisión ou á radio cos altofalantes incorporados.

b) Os que se destinen a bar especial, pub e similares (grupo II) de 65 dBA.

c) Os do grupo III e V, como os cafés-cantantes, karaokes, barras americanas, de 70 dBA.

d) Aqueles destinados a discoteca, disco-bar, sala de festas e similares (grupo IV) con pista de baile, de 75 dBA.

e) En calquera suposto, sexa cal sexa o illamento acústico acadado, nunca se poderán superar os límites de recepción fixados nesta Ordenanza para estes establecementos.

Os illamentos acústicos a ruído aéreo mediranse "in situ" de acordo cos criterios operacionais descritos nas normas ISO 140-4, ISO 140-5 e ISO 717-1, ou outras normas que as substitúan.