subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola utlización privativa e aproveitamentos especiais do dominio público, por empresas operadoras de telefonía móbil e doutros servicios de telecomunicación ou difu


Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, del 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, del 28 de decembro, reguladora das facendas locais; este Concello establece a "Taxa pola utilización privativa e aproveitamentos especiais do dominio público, por empresas operadoras de telefonía móbil e de outros servicios de telecomunicación ou difusión de imaxes, sons, textos, gráficos ou combinacións deles que se presten ó público no seu domicilio ou dependencias de forma integrada mediante redes de cable", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, por parte das empresas operadoras de telefonía móbil persoal e de outros servicios de telecomunicación ou de difusión de imaxes, sons, textos, gráficos ou combinacións deles que se presten ó público no seu domicilio ou dependencias de forma integrada mediante redes de cable. En calquera caso, estes servicios afectarán á xeralidade ou a unha parte importante da veciñanza.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos da taxa regulada por esta Ordenanza, as persoas físicas ou, xurídicas e as entidades a se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan titulares das empresas aludidas no artigo anterior.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

1. O importe das taxas consistirá, en todo caso, e sen excepción ningunha, no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente neste término municipal as referidas empresas.

Terán a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación obtida anualmente no término municipal os obtidos no dito período como consecuencia dos subministros realizados ós usuarios engadindo os procedentes de alugueiro, posta en marcha, conservación, modificación, conexión, desconexión e substitución dos equipos e instalacións propiedade das empresas operadoras ou dos usuarios, utilizados na prestación dos referidos servicios, e en xeral, todos aqueles ingresos que procedan da facturación realizada por servicios derivados da actividade propia da empresa operadora, así como os subministros prestados gratuitamente a un terceiro, os consumos propios e os non retribuídos en cartos, que deberán facturarse ó prezo medio dos análogos da súa clase.

2. Non se incluirán no concepto de ingresos brutos procedentes da facturación, os impostos indirectos que os graven, nin tampouco os seguintes conceptos:

a) As subvencións de explotación ou de capital, tanto públicas como privadas, que as empresas subministradoras poidan recibir.

b) As cantidades que poidan recibir por doazón, herdanza ou por calquera outro título lucrativo.

c) As indemnizacións esixidas por danos e prexuízos, salvo que fosen compensación ou contraprestación por cantidades non cobradas que houbesen de se incluír nos ingresos brutos definidos anteriormente.

d) Os derivados de productos financeiros, tales como dividendos, intereses e calquera outros de natureza análoga.

e) Os traballos realizados pola empresa para o seu inmobilizado.

f) O maior valor dos seus activos como consecuencia das regularizacións que realicen dos seus balances, ó abeiro de calquera normas que poidan dictarse.

g) As cantidades procedentes da alleamento de bens e dereitos que formen parte do seu patrimonio.

h) Os demais ingresos procedentes de conceptos distintos dos previstos no apartado 1 deste artigo.

As cantidades que por esta taxa tivese que satisfacer "Telefónica de España, SA", consideraranse integradas na compensación en metálico de periodicidade anual que esta compañía debe abonar ós concellos, a que se refire o artigo 4.º , apartado 1 da Lei 15/1987, do 30 de xullo, na súa redacción dada polo apartado 2 da Disposición Adicional Oitava da Lei 39/88, do 28 de decembro.

Artigo 6.º .-Normas de xestión.

1.-As persoas ou entidades interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados por esta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.

2.-Unha vez autorizada a ocupación, si non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogada ata que se presente a declaración de baixa polos interesados.

3.-A presentación da baixa producirá efectos a partir do día seguinte ó da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

4.-Os suxeitos pasivos da taxa presentarán certificacións mensuais dos ingresos brutos que obteñan no término municipal.

Artigo 7.º .-Devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, no momento de iniciarse o uso privativo ou o aproveitamento especial do dominio público.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada ano.

2.-Polo departamento de xestión tributaria do Concello emitiráse trimestralmente liquidación en base ás certificacións mensuais de ingresos brutos que presentan mensualmente os suxeitos pasivos.

Artigo 8.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.