subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza Fiscal do imposto sobre os vehículos de tracción mecánica. (B.O.P. Nº 298).


Artigo 1º .-Fundamento e natureza

O Imposto sobre os Vehículos de Tracción Mecánica esixirase neste Concello de conformidade co disposto nos artigos 93 a 100 da Lei 39/88, de 28 de decembro, aplicándose sobre ditas disposicións os elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigos seguintes da presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2º .-Cota tributaria

De acordo co disposto no artigo 96.4 da lei reguladora das facendas locais, as cotas mínimas fixadas no artigo 96.1 serán incrementadas polo coeficiente do 1,2.

Artigo 3º .-Beneficios fiscais

1.-Os suxeitos pasivos que ó seu nome conste o vehículo no permiso de circulación, poderán solicitar unha bonificación do 100% na cota do imposto, cando o vehículo teña unha antigüidade superior a 25 anos, contados a partir da data da súa fabricación. Se esta non se coñecera, tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.

2.-A bonificación establecida no apartado anterior será de natureza regrada e terá carácter rogado, debendo ser solicitada expresamente polo suxeito pasivo ante a entidade local que teña asumida a xestión tributaria do imposto. Con anterioridade á retribución do imposto deberase achega-la documentación acreditativa necesaria para determina-lo sinalado no apartado anterior. Esta documentación será: acreditación da data de primeira matriculación ou certificado de fabricación do vehículo expedido polo fabricante correspondente.

3.-O efecto da concesión da presente bonificación comezará a partir do exercicio seguinte ó da data da súa solicitude e non terá carácter retroactivo.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas calesquera outras normas sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica aprobadas por este concello en data anterior a presente.

Disposición final

A presente modificación da ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó 1 de xaneiro de 2004 logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.