subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais. (B.O.P. Nº 157).


Artículo 1. Fundamento e réxime xurídico

Este concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) de la Ley 39/88 de 28 de diciembre, Reguladora das Facendas Locales, estabrece a Taxa pola utilización de piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada.

Artículo 2. Feito impoñible

Constitue o feito impoñible de este tributo:

a) A utilización da piscina municipal.

b) A utilización do polideportivo municipal.

Artículo 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos da tasa, en concepto de contribuintes, as personas

físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei

Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas, pola utilización das instalacións, que constituen o feito impoñible desta taxa.

Artigo 4. Devengo

A obriga de contribuir nacerá dende o momento que se inicie a utilización das devanditas instalacións, mediante a entrada no recinto. No caso de aboados e reservas para a utilización lucrativa esixirase o pago previo ó periodo correspondente de disfrute.

Artículo 5. Cota tributaria

A cota tributaria consistirá en unha tarifa fixa segundo o seguinte desglose:

A) PISCINA MUNICIPAL

UTILIZACIÓN PISCINA

TARIFA

1. NENOS 0-3 ANOS

Exento

2. XOVES DE 3-16 ANOS

1 euro

3. ADULTOS

1,50 euros

4. BONO 10 BAÑOS XOVES

6 euros

5. BONO 10 BAÑOS ADULTOS

10 euros

6. CARNET ABONADO TEMPORADA XOVES

12 euros

7. CARNET ABONADO TEMPORADA ADULTOS

20 euros

 

No caso de familias numerosas, o carnet de abonado terá un desconto do 50% a partires do terceiro membro da unidade familiar.

 

B) POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

UTILIZACIÓN PRIVATIVA

TARIFA

TARIFA DIURNA

6 euros/hora

TARIFA DIURNA NON CENSADOS

12 euros/hora

TARIFA NOCTURNA

10 euros/hora

TARIFA NOCTURNA NON CENSADOS

20 euros/hora


C) UTILIZACIÓN LUCRATIVA DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

O importe da utilización das instalacións municipais a título lucrativo virá determinado pola seguinte fórmula: Precio Medio Entrada*Aforo da instalación*0,15.

Artículo 6.- Normas de xestión

A) Utilización da piscina municipal

7.1.- Pago por entrada: O suxeito pasivo estará obrigado a adquirir a correspondente entrada ou bono segundo a tarifa que lle corresponda antes da entrada no recinto. Poderaselle requerir a estes efectos a exhibición do Carnet de Indentidade co fin de establecer o encadramento en calquera das tarifas descritas anteriormente.

7.2.- Abonados: Terán a consideración de abonados aqueles usuarios en posesión do correspondente carnet de aboado obtido segundo as normas establecidas no Regulamento Xeral de Utilización de Instalacións Deportivas.

A acreditación de familia numerosa deberase facer mediante a presentación do correspondente título en vigor.

B) Utilización do pabellón polideportivo

Os suxeitos pasivos deberán rellenar a correspondente solicitude con autoliquidación facilitada polo concello e proceder ó correspondente ingreso, debendo acreditar para a utilización do pabellón o pago mediante a correspondente exhibición do resguardo acreditativo do pago.

No caso das tarifas para clubes e asociacións, deberá acreditarse a identidade da mesma e do seu representante para o disfrute das tarifas correspondentes.

Ós efectos de encadramento nas correspondentes tarifas, considerase como horario nocturno, durante os meses de outubro a marzo a partires das 18:00 horas e durante os meses de abril a setembro a partires das 20:00 horas.

C) Utilización lucrativa das instalacións municipais

Xunto coa solicitude deberá adxuntarse o cadro de precios a cobrar, así coma o número de entradas a emitir, sen perxuicio dos demáis requisitos esixidos pola normativa do concello.

Concedida no seu caso a autorización segundo o Regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais, xirarase liquidación polos servicios municipais.

Artículo 7.- Exencións, reduccións e demáis beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 de 28 de diciembre, non se recoñece beneficio tributario algun, salvo os previstos nesta ordeanza, os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionales ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artículo 8.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademáis do previsto en esta Ordeanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa na materia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Quedan derogadas calesquera normas na materia vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente ordeanza.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordeanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia logo da súa aprobación definitiva polo Pleno da Corporación municipal.