subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza reguladora do precio por expedición de carteis indicadores de obras. (B.O.P. Nº 87).



Artículo 1º. - Fundamento e natureza

De acordo co previsto no artigo 117, en relación co artículo 41, ambos da Lei 39/1988 reguladora das facendas locais, este concello procede a regulación do precio público por actividades reguladas pola presente ordenanza.

Artículo 2º. - Concepto

Os precios públicos regulados nesta ordenanza constituen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten ó concello a expedición do preceptivo cartel indicador de obra recollido no artigo 17.3 do Decreto 28/1999.

Artículo 3º. - Obligados ó pago

Están obligados ó pago do precio público regulado nesta ordenanza, aquelas persoas que houbesen solicitado e obtido a preceptiva licencia de obra maior do Concello de Oroso e que desexen voluntariamente a expedición do cartel por parte do concello.

Artículo 4º. - Establecemento e contía

1. O establecemento e contía do precio público regulado nesta ordenanza será a que fixe en cada caso, a Xunta de Goberno por delegación do Pleno da Corporación, de acordo co artigo 47 da Lei 39/1988 y 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

2. A estos efectos a Xunta de Goberno en base a informe previo da Intervención dos custos soportados polo concello, establecerá as tarifas concretas de acordo co artigo 44 da Le¡ 39/1988, non podendo fixar precios públicos que non cubran o custe do servicio ou actividad prestado.

3. Acordadas as tarifas, o acordo será exposto no Taboleiro de Anuncios do concello a efectos da súa publicidade.

Artículo 5º. - Normas de xestión.

1. A obligación do pago do precio público regulado nesta ordenanza nace dende que, concedida a preceptiva licencia de obra, o particular solicite ó concello a expedición do cartel.

2. A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre con carácter previo á solicitude.

3. No caso de que o particular procedese pola súa conta a colocación do cartel éste deberá cumplir as seguintes especificacións:

- Medidas de 120x100 cm.

- Tablero Hidrófobo.

- Información mínima:

o Nome e apelidos dos técnicos directores e do contratista.

o Ordenanza que se aplica.

o Usos ós que se vai a destina-la construcción.

o Data de expedición da licencia.

o Prazo de execución das obras.

o Número de plantas autorizadas.

o Número de expediente.

Disposición derradeira

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.