subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso visita a nova Plataforma Loxística de Vegalsa-Eroski


O alcalde e o concelleiro de Seguridade e Medio Ambiente, Óscar Rodríguez, percorreron as instalacións da nova Plataforma de Mercadorías de Frescos, que permitirá á compañía dispor da maior infraestrutura loxística do sector da alimentación en Galicia con 51.000 m2.

orosoO alcalde de Oroso, Álex Doval, visitou recentemente a plataforma de mercadorías xerais de Vegalsa-Eroski no Polígono Industrial de Sigüeiro, para coñecer de primeira man as instalación da Nova Plataforma de Mercadorías de Frescos da compañía.

Na súa visita estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade e Medio Ambiente, Óscar Rodríguez, así como polo director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e demais directivos da compañía de distribución que foron os encargados de trasladarlles as principais características deste novo departamento loxístico localizado nunha parcela de máis de 113.400 m2, e que conta cunha superficie total de 14.000 m2, dedicados integramente ao produto fresco (lácteos, frutería e charcutería) e con capacidade para procesar uns 223.000 pales de froita, 65.000 de chacinería e 70.500 de lácteos.

O director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, asegurou que “esta aposta é froito do noso compromiso cunha alimentación baseada na calidade e a proximidade, contribuíndo ademais a unha cadea de subministro máis sostible, que marcará o camiño da nosa estratexia a medio e largo prazo”.

O alcalde, Álex Doval, trasladoulle aos representantes da compañía o recoñecemento pola aposta que Vegalsa-Eroski fai pola innovación ao tempo que mantén o dobre compromiso social: con Galicia e cos produtores e produtoras galegas e asegurou que “manterei sempre o meu compromiso co tecido empresarial do municipio, verdadeiros creadores de riqueza e emprego”.