subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Historico éxito do Oroso TM nos Campionatos de España de Tenis de Mesa


orosoHistorico éxito do Oroso TM nos Campionatos de España de Tenis de Mesa que se están celebrando en Zamora dende o pasado 21 de xuño ata o vindeiro 3 de xullo.

O Oroso TM participa cunha nutrida representación, 14 dos seus membros compiten estes días nas modalidades de equipos, individual, dobres e dobres mixtos nas diferentes categorías de idades.

No que vai de Campionato, o club orosino cultivou unha prata na modalidade de dobres alevín masculino, bo resultado que ten aínda máis mérito se temos en conta que os dous xogadores da parella subcampioa de España (Sasha Malov e Javier Galán) son aínda benxamíns e, por tanto, competían nunha categoría superior.

A este gran resultado acaba de sumarse un éxito sen precedentes na historia do Oroso TM, e é que dous dos seus equipos (participaban cun total de tres equipos) chegaron a semifinais da proba de equipos benxamín masculina.

Así, o Oroso TM Malov integrado por Sasha Malov e Javier Galán proclamáronse finalmente Campións de España, mentres que o Oroso TM Salón de peiteado Tije (Nico Otero e Irei Gómez) levaron o bronce.

Ata o de agora, o Oroso TM foi o único club do territorio nacional que conseguíu subir dous equipos ao podium nunha mesma categoría.

Nos próximos días, disputaranse as probas de indidual, dobres e mixtos, onde o club aspira a levar máis medallas para terras galegas.