subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Volve o Festival Folk ao Carboeiro


orosoO vindeiro sábado, 1 de xullo, e despois da parada por culpa da pandemia, volve a música e o baile tradicional ao Carboeiro no Festival Folk.

Grazas ao traballo conxunto das agrupacións Lembranzas Tambre, Buxos Verdes, Argalleiros e Néboas no Cumio, xunto coa colaboración do Concello de Oroso, poderemos gozar no Carboeiro a partir das 19:00 h das actuacións dos grupos do noso concello.

O festival comezará ás 19:00 horas coa actuación de Buxos Verdes, ás 19:45 horas actuarán Argalleiros, ás 20:15 horas será a quenda de Néboas no Cúmio, e rematará ás 21:00 hora coa actuación de Lembranzas do Tambre.
De seguido, ás 23:00 horas actuará o grupo de música galega Tiruleque, e ás 23:30 horas serán reemplazados no escenario o grupo de música tradicional Tantos nos Ten.

Durante a xornada de foliada popular, poderá utilizarse o servizo de bar, onde se poderán adquirir bebidas e degustar petiscos a prezos populares.