subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, presentará en Sigüeiro o programa Xacobeo Xove


O obxectivo do programa é fomentar as rutas xacobeas como experiencia turística para a xuventude galega

orosoEste sábado 24 de xuño, o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentará o programa Xacobeo Xove, acompañado polo alcalde de Oroso, Alex Doval e membros do grupo de goberno, no Paseo do Carboeiro en Sigüeiro.

O acto é público e está aberto a todos os veciños e veciñas do Concello.

Xacobeo Xove

O programa Xacobeo Xove, ofrece descontos de hasta 200 euros como máximo a xuventude galega para cubrir gastos de aloxamento e manutención en establecementos turísticos do Camiño, co obxecto de fomentar as rutas xacobeas entre as novas xeracións.

Os descontos, dirixidos a mozos e mozas que teñan o Carné Xove, e decir, aqueles que teñan entre 18 e 30 anos, serán comercializados polas axencias de viaxes minoristas, que incluirán un desconto de ata 200 euros sobre o custe total da viaxe.
Segundo as estimacións da Xunta de Galicia, este desconto cubrirá entre o 40% e o 50% dos gastos totais da viaxe, e estará vixente ata o 31 de decembro.