subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

III Campus Obradoiro Cabreiroá


orosoO Concello de Oroso ven de informar da apertura do prazo para o III Campus Obradoiro Cabreiroá, que terá lugar entre o 3 e 7 de xullo.

Na prensaticón estiveron presentes o director do Campus, Camilo Riveiro; o responsable de Educación Física do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, Álvaro Raviña; e o xogador do Monbus Obradoiro, Rubén Guerrero.

Información do III Campus Obradoiro Cabreiroá

O campus contará con horario de mañá e tarde, polo que os rexistrados realizarán a actividade entre as 09:30 e as 13:30 horas e as 16:00 e as 19:00 horas. Os rexistrados estarán divididos entre os pavillóns de Juanito Amigo Ferreiro e as pistas do CEIP Camiño Inglés.

Ademais, contaremos, como nas edicións anteriores, con servizo de autobús Santiago-Oroso con saída desde Sar.

Todos os nenos de entre 6 e 18 anos interesados en asistir ao campus deben encher o formulario de inscrición e realizar o abono da matrícula a través dunha transferencia bancaria (ES23 2080 0375 1930 4001 8467). A continuación, débese enviar a ficha de inscrición e o xustificante bancario do ingreso ao seguinte correo electrónico (campusoroso@obradoirocab.com). Aqueles que prefiran poden realizar este trámite nas nosas oficinas.

Os federados, abonados ou accionistas do Obra, Amigos da Fundación Obradoiro, así como para os xogadores da canteira obradoirista e segundos irmáns, poderán optar a diferentes tipos de descontos.

Todos os rexistrados recibirán un cobre, equipamento de xogo e mochila do campus, así como unha invitación para o primeiro partido da tempada 2023/24 e desconto en entradas para os seus pais. Tamén gozarán dunha excursión ao Aquapark de Cerceda durante o campus.

Máis información: 690 618 872 ou campusoroso@obradoirocab.com.