subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Primavera no Camiño Inglés


orosoO Encoro de Beche, en Abegondo, será o escenario da próxima edición da Primavera no Camiño Inglés, que se celebrará este sábado 10 de xuño. Este evento é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña, co obxectivo de destacar e valorar os diversos atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos que ofrece esta emblemática ruta xacobea, e na que colabora o Concello de Oroso entre outros.

Este ano, a celebración estenderase ao longo dos concellos que conforman o Camiño Inglés: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carral, Culleredo, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela. Cada un destes concellos aportará a súa esencia e singularidade á celebración, creando un mosaico de experiencias e sensacións para os asistentes. Así pois en Oroso, a troita será protagonista ofrendo varias degustacións o longo da xornada.

O programa de actividades é amplo e variado, deseñado para atraer e entreter a persoas de todas as idades. Haberá unha gran oferta gastronómica, con pratos e produtos típicos, así como unha serie de actividades culturais que incluirán danza, música na que contaremos cos grupos orosáns de Lembranzas do Tambre e Argalleiros de Oroso, e talleres gratuitos para nenos e nenas. Ademais, instalarase un mercado de artesanía, onde os artesáns locais terán a oportunidade de exhibir e vender as súas creacións.

A edición deste ano da Primavera no Camiño Inglés promete ser unha experiencia inesquecible, chea de cultura, gastronomía, natureza e diversión...na que o Concello de Oroso estará moi presente.

Programación

A edición de Primavera no Camiño Inglés terá lugar o próximo 10 de xuño no fermoso entorno do Embalse de Beche, en Abegondo. Este evento, que reúne a peregrinos, turistas e amantes da cultura, promete ser unha experiencia inesquecible chea de música, teatro, talleres infantís e unha ampla oferta gastronómica.

11.00h a 11.45h: Actuación da Banda Xuvenil Airiños de Fene do Concello de Fene.
11.45h a 12.30h: Actuación da Banda de gaitas tradicionais do Concello de Abegondo.
12.00h: Recepción de autoridades.
12.30h a 13.00h: Presentación do libro “Guía da Igrexa de Santiago de Pontedeume” do Concello de Pontedeume.
13.00h a 13.30h: Inauguración Institucional da 6ª edición de Primavera no Camiño Inglés.
16.30h a 18.00h: Espectáculo de improvisación teatral “Impro no Camiño”, cos actores improvisadores Xavier Veiras e Oswaldo Digón e o músico Cristian Leguiero.
18.15h a 18.30h: Presentación dos ganadores do III Concurso de Fotografía Dixital do Camiño Inglés e Presentación da II Media Maratón e 10k do Camiño Inglés – Red Stelar.
18.30h a 18.45h: Presentación “O Camiño Inglés en Reino Unido e Irlanda” coas entidades convidadas de Confraternity of St James (Reino Unido) e Camino Society Ireland (Irlanda).
19.00h a 19.30h: Actuación musical a cargo do grupo Arnela do Concello de Carral.
20.00h a 21.30h: Acto de clausura e actuación musical a cargo de Sheila Patricia.

Obradoiros Infantís e Actividades Culturais

9.00h a 12.15h: Ruta Xacobea a cabalo do Concello de Abegondo.
11.00h a 12.15h: Ruta Xacobea en bicicleta do Concello de Abegondo.
11.30h a 13.30h: Fiandeiras do Concello de Cabanas.
11.30h a 13.30h: Obradoiro infantil de barro de Brañas de Valga do Concello de Mesía.
12.30h a 14.00h: Ruta Xacobea a pé do Concello de Abegondo.
17.30h a 19.30h: Obradoiro infantil de chapas do Concello de Culleredo.
17.30h a 19.30h: Obradoiro infantil de elaboración de pan do Concello de Neda.

Espazo Gastronómico e Mercado Artesanal

12.00h a 13.00h | Obradoiro sensorial de bebidas da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo do Concello de Cambre.
13.30h a 15.30h | Degustación de Tortilla do Concello de Betanzos. Acompañarase con pan do Concello de Neda.
13.30h a 15.30h | Degustación de Troitas do Concello de Oroso. Acompañarase con pan do Concello de Carral.
19.00h a 20.00h | Degustación de Troitas do Concello de Oroso. Acompañarase con pan do Concello de Carral.
11.00h a 20.00h | GASTROBAR con oferta gastronómica de produtos de proximidade a cargo de A Artesa da Moza Crecha.
11.00h a 20.00h | MERCADO STELAR a cargo de empresas artesanais e locais.