subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aprobado o investimento para a urbanización da Avenida da Grabanxa


orosoO pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade un investimento de 518.000 euros dentro do Plan Único 2023 para a humanización da avenida da Grabanxa. O proxecto incrementarase en preto de 200.000 euros e aportación municipal e extenderase ata o cruce cara ao Refuxio.

Esta actuación, que disporá dun prazo de execución de seis meses, mellorará unha das principais entradas e travesías de Sigüeiro coa reposición dos servizos básicos de abastecemento e saneamento e a definición dunha nova aliñación do bordiño para executar posteriormente novas beirarrúas, vados peonís e badéns. Ademais, renovarase o pavimento asfáltico, melloraranse os accesos aos garaxes, instalaranse novas luminarias, plantaranse árbores, instalaranse xardineiras e recolocaranse elementos de mobiliario urbano.