Curso gratuíto de 'Community Manager'
A aula CeMIT de Oroso convoca un curso gratuíto de 'Community Manager' que terá lugar dende os días 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas para todos os usuarios que queiran coñecer os aspectos básicos da figura do Community Manager".
Curso
A necesidade de entender que impacto está a ter na sociedade o uso das redes sociais é básico para saber que cando entramos nese mundo, estamos introducíndonos en unha contorna cun alcance masivo.
Aprenderemos a identificar por que son tan importantes os Community Managers nun mundo no que as marcas deben estar presentes en varias redes sociais á vez, e da maneira adecuada.
Dentro do mundo emprendedor, o modelo de negocio das redes sociais é totalmente disruptivo creando innovación, un novo mercado e unha rede de valor. Construiremos unha visión moi interesante de por que as redes como Facebook, Twitter, ou Instagram foron as empresas que máis medraron na última década.
Contidos:
· Introdución e datos de mercado
· Perfil do Community Manager
· Xestión do cliente
· Calendario editorial
· Publicidade
· Xestión de comunidade
· Medición
A solicitude da matrícula deberá realizarse a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42187
Se desexas máis información contacta ca Aula Cemit no correo educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927