subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Trámites administrativos en liña


orosoA aula de formación EducaOroso celebra os días 18, 19 e 20 de outubro entre ás 10 e as 12 horas un curso de formación sobre os trámites administrativos en liña. Para acceder a este curso non se require ningún nivel de formación sendo recomendable ter coñecementos de informática a nivel usuario.

Qué aprenderás

Verás moitos dos servizos en liña que ofrecen as administracións e as medidas de seguridade que se deben tomar cando se realizan os trámites a través de Internet.

Contidos

I. Coñecer diferentes trámites electrónicos que ofrecen as Administracións Públicas.

II. Cómo facer trámites co DNI Electrónico,Chave365, cl@ve e certificado dixital.

III. Exemplos prácticos


Solicitude de inscrición: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/39642