subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Xornada formativa EducaOroso - Vacínate contra os coronabulos


orosoA aula CeMIT EducaOroso acollerá esta xornada formativa que nos permitirá recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques.

Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, baixo o título, "Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques".

Faráse un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen estas falsidades, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.

Lembramos que, se aínda non o fixeches, estás a tempo de inscribirte á formación para axentes TIC o vindeiro ventres 30 de setembro (11.00h a 12.30h) à Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques

Solicita a túa praza a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39120