subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día da bicicleta


orosoO Concello de Oroso e a Asociación Troitamundos organizan conxuntamente a terceira edición do “Día da Bicicleta”, que terá lugar o domingo 19 de xuño. Unha iniciativa que inclúe unha marcha ciclista para todos os públicos e unha xincana para nenos e nenas de 3 a 13 anos.

As actividades terán lugar a partir das 10:00 horas, onde os participantes da III Xincana Ciclista Infantil poderán amosar a súa habilidade sobre as dúas rodas. E ás 11:30 terá lugar a marcha ciclista "Paseo Amodiño", que terá unha dificultade baixa, apta para todas as idades. O percorrido será Sigüeiro - Porto Avieira - Beira do Tambre - Barciela - Sigüeiro, e os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Para participar nesta terceira edición do “Día da Bicicleta” é preciso anotarse previamente . dende aquí ou escaneando o código qr que aparece no cartel. A inscrición terá un custe de 2€ para os que non sexan socios da asociación, ademais, lémbrase que en todas as actividades será obrigatorio o uso do casco protector.

Anímate a participar!!!