subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Primavera no Camiño Inglés


orosoO próximo día 4 de xuño, sábado, celebrarase na Alameda de Góis en Sigüeiro a feira “Primavera no Camiño Inglés” en horario de 11 da mañá ata as 8 da tarde.

APRAZADO ao 12 de xuño por mor da climatoloxía adversa prevista para o 4 de xuño.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña, busca poñer en valor os numerosos atractivos que presenta o Camiño Inglés a nivel patrimonial, cultural, paisaxístico e gastronómico a través de exposicións, talleres, showcookings, música e outras actividades. Anteriormente celebrouse noutros municipios como Betanzos, Pontedeume ou Ferrol, e nesta edición Oroso será o concello anfitrión.

A entrada, actividades e os obradoiros para nenos serán gratuítas.