subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Community Manager


orosoA aula CeMIT de Oroso convoca un curso gratuito de 'Community Manager' que terá lugar dende o 30 de maio ata o 9 de xuño en horario de 10 a 12:30 horas para todos os usuarios que queiran coñecer os aspectos básicos da figura do Community Manager".

Curso

A necesidade de entender que impacto está a ter na sociedade o uso das redes sociais é básico para saber que cando entramos nese mundo, estamos introducíndonos en unha contorna cun alcance masivo.

Aprenderemos a identificar por que son tan importantes os Community Managers nun mundo no que as marcas deben estar presentes en varias redes sociais á vez, e da maneira adecuada.

Dentro do mundo emprendedor, o modelo de negocio das redes sociais é totalmente disruptivo creando innovación, un novo mercado e unha rede de valor. Construiremos unha visión moi interesante de por que as redes como Facebook, Twitter, ou Instagram foron as empresas que máis medraron na última década.

Contidos:
· Introdución e datos de mercado
· Perfil do Community Manager
· Xestión do cliente
· Calendario editorial
· Publicidade
· Xestión de comunidade
· Medición

A solicitude da matrícula deberá realizarse a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38313

Se desexas máis información contacta ca Aula Cemit no correo educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927