subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campionato Mundial de Mushing


orosoDesde o Concello de Oroso queremos desexarlle toda a sorte do mundo á nosa veciña Valeria Batire Guridi Diéguez, que este fin de semana participará na localidade francesa de Plédran no Campionato Mundial de Mushing organizado pola International Federation of Canicross.

Valeria, que xa é un orgullo para toda a veciñanza de Oroso por terse proclamado campioa de España de canicross na súa categoría durante os últimos tres anos de forma consecutiva, acode a esta proba acompañada de "Matoke", un impresionante braco alemán co que agarda superarse a si mesma e conseguir o mellor resultado posible nunha cita que congregará aos "mushers" máis destacados do mundo.