subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Presentación da 'Mini BTT Concello de Oroso'


orosoOroso recibe o próximo 30 de abril a 'MINI BTT CONCELLO DE OROSO', que se celebrará na área recreativa do parque do Carboeiro. A proba está dirixida á mocidade, baixo a organización do Club Oroso Ciclista.
O alcalde, Luis Rey Villaverde; o concelleiro de Deportes, Antonio Leira; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e a directiva do Club Ciclista Oroso presentaron a proba.

"O concello apoia todas as modalidades deportivas e esta proba é un exemplo, a Mini BTT será un espectáculo e quero agradecer a colaboración que sempre atopamos no Club Ciclista Oroso", apuntou Leira.

A inscrición, limitada a 450 participantes, é gratuíta para persoas federadas e ten un custo de 5 euros para os deportistas sen licenza federativa. A data límite de inscrición é o 27 de abril.

Máis información sobre a proba en https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/20663-MINI-BTT-CONCELLO-DE-OROSO