subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso impulsa a promoción do Camiño Inglés na cidade británica de Bishop Aucklan, pola que pasa a ruta


orosoO Concello de Oroso impulsa de novo esta semana con varias iniciativas a promoción do Camiño Inglés no mercado británico.

Antonio Leira, concelleiro de Turismo e deputado provincial, entregou onte os premios do certame ‘Escríbelle unha carta a...” a dous alumnos do colexio St. John’s, situado na cidade británica de Bishop Auckland.

Este centro participa dende hai máis dun lustro neste certame, centrado cada ano nun peregrino que no seu día cruzou a ponte de Sigüeiro. O 2021 foi o dedicado a Heinrich Von Zug, de nacionalidade suíza, e o propio embaixador helvético acudiu a Oroso a inauguración dun monumento na honra do seu antepasado.

No colexio St. John’s, Leira foi recibido polo equipo directivo, a quen lles dirixiu unhas verbas de agradecemento polo interese amosado polo Camiño Inglés, que pasa por esa localidade.

Ademais, animou a que os alumnos tamén participen este ano, dedicado ao paso por Oroso de Walter de Grey, poderoso arcebispo de York que peregrinou a Compostela hai 800 anos. Antonio Leira descubriu unha placa que confirma o compromiso do St. John’s coa ruta xacobea.

“O máis positivo destas iniciativas é comprobar o elevado interese polo Camiño Inglés que hai aquí, froito do esforzo durante moitos anos de concellos como Oroso”, explica Antonio Leira.