subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Presentación V Memorial Fernando Abad


orosoO Club Tambre Bike, representado polo seu presidente, Amancio Espiñeira, e os directivos Manuel Uzal, Juan Platas e Moncho Ramos, xunto co alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, presentaron a proba en recordo ao que fora presidente do club orosán, Fernando Abad.

Celebrarase o vindeiro domingo 27 marzo, con dúas voltas a un percorrido de 70 quilómetos con chegada e saída en Sigüeiro e unha meta volante na primeira volta ao seu paso por Sigüeiro (categorías junior, master 30, 40, 50 e 60).

Podese consultar o percorrido da carreira no seguinte enlace https://fams.app/shared/1645044334471/_Y92GlgAtIkCNzL9hRKmS

Está prevista a participación de máis de 100 corredores, algúns deles de fóra de Galicia.