subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Acto de entrega da Insignia de Ouro do Concello de Oroso a Protección Civil


orosoO alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, convida a toda a veciñanza ao acto de entrega da Insignia de Ouro do Concello de Oroso a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Oroso.

O concello quere coñecer a súa traxectoria de case 20 anos, ademais da excepcional implicación e o traballo incansable realizado durante a pandemia da COVID-19.

Desde a súa constitución no ano 2003, a agrupación de Protección Civil de Oroso vén realizando un traballo inmenso, polo que este recoñecemento é para todos/as os/as que participaron desde a súa creación.

O acto terá lugar este próximo sábado, 12 de marzo, ás 12.30 horas na Carpa Municipal situada na Alameda de Gois.

Debido ás restricións de aforo, é necesario confirmar asistencia no teléfono 981 691478 ou no enderezo info@oroso.gal