subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca unha concentración contra a intervención militar de Rusia en Ucraína o luns, día 28 ás 20:00 horas.


orosoO Concello de Oroso quere manifestar a súa máis absoluta condena á intervención militar de Rusia en Ucraína, unha violación do dereito internacional e da soberanía nacional.

Está en xogo a vida e o futuro de millóns de persoas que só desexan vivir en paz, polo que queremos amosar a nosa solidariedade co pobo ucraíno.

Por iso, o Concello de Oroso pide "o inmediato alto ao fogo e a retirada das tropas rusas do seu territorio, o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk", e chama "a traballar pola resolución do conflito no marco da ONU e da OSCE" e ao "retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas para acadar acordos de paz duradeiros".

O concello convoca á veciñanza a unha concentración o próximo luns, 28 de febreiro, ás 20:00 horas na praza Isaac Díaz Pardo para condenar as accións militares en Ucraína.