subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do comezo de dúas obras para mellorar o abastecemento na parroquia de Oroso e renovar a avenida Álvaro Cunqueiro


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do comezo de dúas obras.

A primeira delas é para renovar a rede de saneamento e abastecemento municipal no núcleo do Campo de Cabanas, en Oroso e aledaños (parroquia de Oroso). A actuación suporá un investimento de 94.571 euros.

Tamén están en marcha os traballos para a renovación e pavimentación da avenida Álvaro Cunqueiro, no polígono industrial.

“Un dos piares da nosa acción de goberno é a renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas, neste caso para mellorar a rede de abastecemento no rural e o tráfico no polígono”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.