subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Excursión da Asociación de Mulleres Loitadoras de Oroso á Mariña para visitar o Belén "Viveiro ante o berce"


Mocidade do Tambre asistiu ao partido do Obradoiro da liga ACB

orosoEste sábado, a Asociación de Mulleres Loitadoras de Oroso foi de excursión ao Concello de Viveiro a ver o belén xigante ‘Viveiro ante o Berce’.

Estivo con elas o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, disfrutando do belén, un dos máis importantes de Galicia. Destaca pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

Tamén o sábado, os mozos e mozas da asociación Mocidade do Tambre asistiron, xunto ao concelleiro de Deportes, Antonio Leira, ao partido da Liga ACB entre o Obradoiro CAB e o Burgos. Foi emocionante ata o último minuto e a victoria quedou en Santago.

“Agradecemos as iniciativas das asociacións do noso concello, coas que estamos encantados de colaborar; o tecido asociativo local é fundamental para mellorar e dinamizar a vida dos veciños”, asegura o alcalde, Luis Rey.