subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acende o seu alumeado de Nadal


orosoO Nadal chegou a Oroso co acendido do alumeado no casco urbano e as parroquias. O concello quixo sorprender á veciñanza cun alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas especiais.

“O alumeado é o primeiro paso, nos próximos días presentaremos unha completa programacion para todas as idades chea de maxia e lecer", explicou o alcalde, Luis Rey Villaverde.

O alcalde fixo un percorrido polo alumeado cos concelleiros e concelleiras Isabel Fernández, Beatriz Rodeiro, Javier Grela e José Calvo.