subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19


orosoO Concello de Oroso informa que, segundo os datos da Consellería de Sanidade, a día de hoxe a situación epidemiolóxica é boa, cunha incidencia acumulada moi baxa.

Tendo en conta iso, pedimos por outra parte cautela e prevención, xa que as cifras non son tan boas noutros concellos próximos e a chegada de novas variantes da Covid-19 pode incrementar o número de casos.

O que pase durante o mes de decembro será clave para o comezo de 2022, polo que demandamos á veciñanza que cumpran as recomendacións sanitarias e eviten riscos innecesarios.

Desde o pasado sábado, día 27 de novembro, Galicia reduciu os aforos na hostalaría, con grupos de ata 15 persoas no exterior e oito no interior.

O certificado Covid, ata o de agora implantado no ocio nocturno, pasa a esixirse tamén en restaurantes durante todo o día e en bares e cafeterías a partir das 21 horas.