25N NO CONCELLO DE OROSO
Hoxe, 25 de novembro, no Concello de Oroso recordamos ás mulleres asasinadas por violencia machista nunha concentración na praza de Isaac Diaz Pardo.
A rapazada do IES de Oroso recordounos que esto non é un día, é todo o ano, o alumnado do CEIP Sigüeiro fíxonos reflexionar cos micromachismos, e o CEIP Camiño Inglés recitou uns poemas de Lucia Aldao.
Moi agradecidos a todo o alumnado dos centros escolares do concello que colaboraron deixando a súa pegada contra a violencia machista, CEIP CAMIÑO INGLÉS, CEIP SIGÜEIRO, IES DE OROSO, CRA de OROSO, Asociación de MULLERES LOITADORAS, e ás
veciñas e veciños de Oroso.