subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comezo do curso de mecanografía do Concello de Oroso


orosoOnte, deu comezo o curso gratuíto de mecanografía na Aula CeMIT do Concello de Oroso. Este curso está enmarcado nos obradoiros culturais impulsados polo Concello para o curso 2021-2022.

A formación conta con dous grupos de rapaces e rapazas e durará ata o mes de abril. O curso está impartido por Miguel Anxo Gómez.