Debuxo, pintura e club de patchwork
O Concello de Oroso, a través da súa Concellería de Cultura, puxo en marcha no mes de outubro os obradoiros de Patchwork e Debuxo e Pintura.
No caso das clases de pintura, co grupo de adultos que se puxo en marcha agora hai tres (nenos de 3 a 5 anos, maiores de 6 anos e maiores de 12 / adultos)
Este obradoiro é moi importante para o concello, xa que ten unha longa traxectoria con participantes moi interesados na actividade, aos que hai que unir @s nov@s artistas!