subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Crea a túa web. Introdución a Wordpress


orosoO Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de creación de páxinas web de balde en Wordpress. O curso impartirase na Aula CeMIT de Oroso, entre os días 8 e 11 de novembro de 2021 de 10:00 a 12:00 horas.

Contidos do curso

Instalación de WordPress.
Administración da web.
Configuración básica. Instalación e xestión de Temas.
Engadir entradas ao Blogue.
Engadir páxinas á web. Xestión de Menús.
Xestión de Widgets.
Xestión de Plugins.
Xestionar comentarios.
Xestión de Usuarios.

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?

Para todos os usuarios que busquen unha ferramenta que lle axude a crear un sitio web de forma sinxela. WordPress é flexible, dispón de miles de temas gratuítos (e comerciais) e moitos plugins que permitirán que o sitio poida ir medrando.
Non é necesario ter coñecementos previos de WordPress ou creación de sitios web, pero si unha base de informática a nivel usuario para saber desenvolverse no computador e poder avanzar con axilidade e seguridade.
Os termos e conceptos utilizados neste curso son básicos e entendibles por usuarios sen experiencia previa. Inclúese un pequeno glosario de termos empregados para facilitar a súa comprensión. Este é un curso básico de WordPress e estará centrado en dar a coñecer a base, as diferentes pantallas do administrador e como funcionan os elementos esenciais que fan posible construír contidos con facilidade.

Como funciona este Curso?

O deseño do curso é moi sinxelo a través de prácticas guiadas, require que previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37209
O curso contará con 10 prazas presenciais. No caso de non dispoñer de posibilidade de asistencia presencial poderase solicitar acceso á formación por vídeo conferencia a través do correo educaoroso@oroso.gal
Solicita a túa matrícula aquí.