subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso licita obras de renovación de viais en Cabanas-Sar (Os Ánxeles), San Román de Abaixo (Pasarelos), Ventosa (Cardama), Oroso Pequeno (A Gándara) e O Barral (Villaromarís)


orosoO Concello de Oroso sacou a licitación as obras que realizará en varias parroquias para a renovación de aglomerado, mellorando desta forma a súa rede viaria.

En concreto, realizará estos traballos en Cabanas-Sar (Os Ánxeles), San Román de Abaixo (Pasarelos), Ventosa (Cardama), Oroso Pequeno (A Gándara) e O Barral (Villaromarís).

Estas actuacións, cun orzamento de 75.223 euros, mellorarán de forma considerable a seguridade viaria dos tramos, moi utilizados polos veciños das parroquias.

“Un paso máis na mellora da rede de comunicación no rural, para nós é prioritario que os veciños teñan unhas boas infraestruturas, polo que as actuacións de renovación do firme son continuas en todas as parroquias”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

Desde o comezo do verán, o grupo de goberno impulsou obras e proxectos no rural de Oroso por valor de case un millón de euros.