subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT do Concello de Oroso ponse a disposición das mulleres inscritas nos cursos do CIM


orosoA Aula CEMIT do Concello de Oroso ponse a disposición de todas as mulleres que estean inscritas na actividade formativa organizada polo CIM da Mancomunidade de Ordes sobre o "uso da Tecnoloxía da Información e Comunicación como ferramenta útil para o desenvolvemento persoal e a inserción sociolaboral da mulleres."


O programa ESPAZO 4.0

Consiste nunha acción formativa sobre o uso da tecnoloxía de información e comunicación (TIC) como ferramenta útil para o desenvolvemento persoal e a inserción sociolaboral.
O obxectivo é presentar o espazo de Internet como un espazo de oportunidades para o desenvolvemento e empoderamento persoal das mulleres.
Mulleres de toda a comarca de Ordes recibirán información sobre o uso de ferramentas para a seguridade, o acceso a recursos, a comunicación entre particulares, entidades e administracións públicas, a busca de emprego, a formación e outras actividades na rede de Internet.

A modalidade na que se impartirán as clases é telepresencial (por videoconferencia a través de zoom), con participación activa das alumnas. O curso está distribuído en 3 edicións ou grupos, de 40 horas/edición, e conta con horas de titorías individuais.

1º grupo: do 30 de agosto ao 14 de setembro (menos os venres), de 9.30h a 13.30h.

2º grupo: do 10 de setembro ao 28 de setembro (menos os luns), de 16h a 20h.

3º grupo: do 15 de setembro ao 28 de setembro, de 9.30h a 13.30h.

Cada participante pode realizar o curso desde a súa casa, se dispón de ordenador ou tableta; ou ben, desde un ordenador da aula de informática do seu concello de orixe.

As alumnas recibirán material didáctico específico e un diploma acreditativo da formación.

A inscrición pode realizarse de maneira presencial na sede do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes (L.Xoxardo,s/n-Ordes) ou ben por teléfono (981682108 / 981680002 (ext: 122 e 127) ou correo electrónico (cim@mancomunidadeordes.gal).

O curso é de balde.

Espazo 4.0 está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.