subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Éxito da Andaina Solidaria no Concello de Oroso a favor da loita contra o cancro de médula


orosoMáis de 100 persoas participaron onte na andaina solidaria organizada polo Concello de Oroso xunto coa asociación Asotrame e o Hockey Oroso co fin de recaudar fondos para loitar contra o cancro de médula.

Os participantes fixeron un percorrido de cinco quilómetros, saíndo desde a praza do Concello de Oroso.

Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes.

“Unha vez máis, Oroso demostrou ser un concello solidario con este tipo de iniciativas, tan necesarias para axudar a organizacións como Asotrame”, afirmou Antonio Leira, concelleiro de Deportes do Concello de Oroso.

Ademais da andaina, houbo sorteos de vales de compra da asociación de comerciantes, de camisetas, balóns e tamén regalos para os participantes por parte do Concello de Oroso.

O concello agradece o traballo de Protección Civil para que todo o evento transcurrise con normalidade.

Agradecemos tamén a colaboración de Supermercados Familia, Imaxson, tenda de deportes Equipate, Asociación Sigueiro Vende, Club Hockey Oroso, SD Compostela, ED Xuventude Oroso y Sigueiro FC, RC Celta Vigo, HC Liceo e Monbús Obradoiro CAB.

Asotrame conta tamén cun Bizum para facer donativos co código: 03351.