subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso comeza os traballos de rebacheo en pistas de todas as parroquias do municipio


orosoO Concello de Oroso comezará o luns, día 5 de xullo, os traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que o necesiten.

A actuación, cun orzamento de 60.000 euros, realizarase en dúas fases e dará resposta ás demandas dos veciños.

Estas tarefas de rebacheo están á marxe da actuación conxunta no rural de Oroso prevista polo grupo de goberno, con diferentes obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros nos próximos meses.

“Temos que aproveitar as semanas de mellor tempo para estas obras, xa que a mobilidade nos camiños do rural é moi elevada e a seguridade viaria debe ser unha prioridade, tanto para os vehículos como para os peóns”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey.

O concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais de Oroso, tanto no casco urbano como nas parroquias.