subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Nova carreira solidaria en Oroso


orosoOroso é un dos concellos que este ano colabora de novo coa asociación galega sen ánimo de lucro Asotrame, que traballa a favor dos trasplantados de médula osea.

Trátase en concreto dunha carreira solidaria que se leva a cabo en diferentes lugares de Galicia durante todo o ano para colaborar co proxecto Adiante, unha iniciativa do servizo de Hematoloxía do CHUS de Santiago para dar a cada paciente o mellor tratamento aplicando a intelixencia artificial.

Na seguinte ligazón podes coñecer máis información sobre o proxecto: http://lacarreraquenuncapara.com/proyecto.php

Estas carreiras e roteiros, ademais do concello de Oroso, faranse noutros lugares como Ares, Baiona, Culleredo, Lugo, Moraña, Narón, Nigrán, Valdoviño e Santiago de Compostela.

O prazo para colaborar con esta iniciativa solidaria está aberto ata o 31 de decembro.

Colaboran na organización o Concello de Oroso e o Club Atletismo Tambre. Os fondos irán íntegramente ao proxecto e tamén se pode colaborar de forma directa na web: http://lacarreraquenuncapara.com/