subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día Internacional da lingua materna


orosoHoxe é o Día Internacional da lingua materna co obxectivo de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. Para conmemorar este día repartimos entre o alumnado dos centros escolares uns adhesivos co lema "A vida do galego depende de ti".

Por outro lado, dende a Concellaría de Normalización Lingüística queremos apoiar a iniciativa promovida polo alumnado do CIP O cruce de Cerceda, que este ano é escola embaixadora da Unión Europea para solicitar que o galego, xunto co catalán e o éuscaro, sexan recoñecidas como linguas oficiais da Unión Europea.

Máis info: http://chng.it/GKRbkmVFJX