subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Trámites Electrónicos - Administración Electrónica


orosoA Aula de Formación EducaOroso pon en marcha unha nova actividade formativa no ámbito da Administración Electrónica para coñecer os servizos en liña que ofrecen as administracións e as medidas de seguridade que se deben tomar cando se realizan os trámites a través de Internet.

A actividade formativa desenvolverase durante os días 22, 23, 24, 25 de febreiro de 2021 en horario de 10 a 12 horas.

Requisitos
Para acceder a este curso non se require ningún nivel de formación sendo recomendable ter coñecementos de informática a nivel usuario.

Contidos
I. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións Públicas.
II. Cómo facer trámites co DNI Electrónico,Chave365, cl@ve e certificado dixital.
III. Exemplos prácticos

Mais información:
Na Aula Mentor EducaOroso, Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro, correo electrónico: educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927.

Solicitude:
As inscricións realizaranse a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/35510