subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso participará coa Deputación e Xunta na promoción do Camiño Inglés en Inglaterra


orosoXunta e Diputación chegaron a un acordo estable de promocionar conxuntamente o Camino Inglés en Inglaterra, acción na que o Concello de Oroso xoga un papel de primeiro orde dende o ano 2015.

Tanto o alcalde, Manuel Mirás, como o conelleiro de Turismo, Antonio Leira, xa acudiran a Gran Bretaña a entrevistarse con deputados e alcaldes e explicarlles o proxecto conxunto no que se acabaron implicando.

Agora, á iniciativa de Antonio Leira -que tamén é deputado provincial-, Deputación e Xunta fixaron un orzamento e unhas accións concretas para seguir avanzando na sinalización do Camiño en Gran Bretaña.

O alcalde de Oroso manifestou que "por suposto que estaremos aí, e orgullosos de ter sido os pioneiros en resucitar o Camiño Inglés aló, á vez que para nós é unha fonte de riqueza, como queda de manifesto na cantidade de oferta de hospedaxe e reestauración que temos".

Segundo un estudo da Universidade de Santiago, feito a instancias de Turismo de Galicia, os peregrinos deixaron no 2019 case 700.000 euros no concello de Oroso.

Na foto, Antonio Leira e Manuel Mirás dirixíndose ao primeiro grupo que en 500 anos chegou de Gran Bretaña para percorrer o Camiño Inglés, a finais de febreiro do 2019.