Información actualizada COVID-19
No Concello de Oroso hai a día de hoxe, 5 de febreiro, 53 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.
As cifras reflicten que a situación epidemiolóxica continúa sendo a mesma que a principios da semana, cun leve descenso de casos pero aínda moitos positivos por Covid-19.
O concello desexa unha pronta recuperación ás persoas que teñen a enfermidade e agradece a participación dos veciños e veciñas que asistiron ao cribado desta semana.
Co obxectivo de mellorar os datos nas próximas datas, o Concello de Oroso solicita á veciñanza que se limite ás actividades esenciais, cumpra as normas e evite a interacción social.
Os veciños e veciñas de Oroso deben saír só de casa para traballar, estudar, consultas médicas ou xestións de primeira necesidade. Está en xogo a saúde de todos!
Para aquelas persoas que vivan soas e estén enfermas ou formen parte dun grupo de risco, lembrade que poden chamar ao seguintes teléfonos para emerxencias ou adquisición de alimentos e medicinas:
-SERVIZOS SOCIAIS 981 688 950
-PROTECCIÓN CIVIL 698 169 443
-ALCALDÍA 638 050 451
PEDIMOS RESPONSABILIDADE! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!