subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información COVID-19 no Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso informa que, segundo os datos da Consellería de Sanidade, a día de hoxe hai no municipio 35 casos activos de coronavirus.

Esta cifra supón un elevado incremento desde os 26 positivos do mércores, polo que a situación epidemiolóxica empeora no noso municipio e a incidencia acumulada está por enriba dos 420 casos por cada 100.000 habitantes.

Nestes momentos, xa non se trata de repetir normas e consellos, falamos de que a saúde de todos os veciños e veciñas de Oroso está en risco. Temos que coidarnos entre tod@s para frear a curva de contaxios.

Para recuperar o antes posible a normalidade debemos saír só de casa para as actividades esenciais, limitando a máximo a interacción social

Como ben sabedes, Oroso é un dos 60 concellos galegos que pasou esta medianoite a estar nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica.
Podedes consultar a evolución diaria do noso concello na páxina web do concello e as restriccións que se aplican, que a día do hoxe son as seguintes: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Nivel-Maximo

LEMBRADE que as principais medidas son as seguintes:

🔴 Peche perimetral do Concello de Oroso.

🗣 O toque de queda adiántase ás 22.00 horas.

4️⃣ As reunións pasan a ser dun máximo de 4 persoas non convivintes, tanto en espazos públicos como privados.

🧵 Peche do comercio ás 21:30 horas.

☕️ Peche da hostalaría ás 18:00 horas. A actividade limítase ás terrazas e queda prohibida no interior.

👉 As autoridades sanitarias recomendan limitar a actividade diaria ao traballo, os estudos e a adquisición de alimentos. PEDIMOS RESPONSABILIDADE para que nas próximas semanas podamos voltar á normalidade!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! COIDÉMONOS!