subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Entrega dos diplomas ás gañadoras do Concurso de Escaparates de Nadal


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e a concelleira de Comercio, Vanesa Boo, entregaron esta mañá os diplomas correspondentes ao concurso de escaparates de Nadal.

Como xa informamos anteriormente, o xurado decidiu que nesta ocasión os premios do concurso de escaparates foran os seguintes:
-1º Premio: Zoclos
-2º Premio: Petiscos Doces
-3º Premio: As esencias

Manuel Mirás e Vanesa Boo agradeceron o traballo de todos os establecementos participantes, nun concurso que cada ano impulsa as compras no comercio local durante o Nadal

Ademais, o escaparate que máis 'Me gusta' obtivo na publicación de Facebook foi o de Petiscos Doces, polo que foi agasallado cunha cea nun restaurante do concello por un importe de 50 euros, o mesmo premio que no sorteo para os particulares participantes na votación en Facebook.

petiscos as esencias