subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os Reis Magos xa están en Oroso


orosoAs súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegaron esta mañá ao Concello de Oroso, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e o grupo de goberno local.

“Benvidos a Oroso, os nenos e nenas esperaban a vosa chegada desde hai moitos días, chegades a un concello acolledor onde pasaredes unha boa xornada”, afirmou o alcalde.

Este ano, o concello organizou unha recepción no pavillón municipal, respectando todos os protocolos e recomendacións sanitarias. As súas maxestades de Oriente recibirán durante a xornada a todos os nenos e nenas de Oroso que desexen pasar a saudalos, acompañados dunha ou dúas persoas como máximo.

O acceso ao pavillón estará regulado en todo momento, polo que non é preciso inscrición previa. Unha vez no interior haberá un tempo para saudar dende a distancia ao Rei Mago elixido e facer unha fotografía para inmortalizar o momento, así como recibir un pequeno agasallo da súa maxestade.

O horario da recepción real será ata as 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:30 horas no pavillón de deportes Juanito Amigo de Sigüeiro.