subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Andaina solidaria e inclusiva de Nadal a favor de ASANOG


orosoO Concello de Oroso colabora un ano mais coa andaina solidaria a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Este ano, pola situación epidemiolóxica, será cun formato diferente, xa que a andaina pode facerse en calqueira lugar!

Podes entrar e inscribirte en www.migranodearena.org, adquirindo o dorsal cun donativo de tres euros.

Haberá sorteos e o Concello de Oroso porá a disposición dos participantes 7 vales de 40 euros cada un para mercar roupa ou material deportivo en Equipat, apoiando ademais desta maneira ao comercio local.

Asanog é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familia.