subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización COVID-19 no Concello de Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai hoxe, 15 de decembro, 9 casos activos por COVID-19, segundo informan as autoridades sanitarias. Os doentes recupéranse nos seus domicilios, sen que consten ingresos nos hospitais.

Aínda que a situación epidemiolóxica no municipio é boa, as cifras dos últimos días reflicten un incremento xeralizado de novos contaxios en toda Galicia, polo que as próximas datas serán fundamentais para saber que tipo de Nadal teremos.

Dende o Concello de Oroso apelamos á responsabilidade individual da cidadanía para que cumpran coas recomendación sanitarias.

Os datos de novos contaxios nas últimas horas en concellos próximos esixe máis que nunca respectar as medidas e limitar a interacción social, sobre todo en espazos interiores.

Xogámonos moito, temos que darlle prioridade á saúde de tod@s!

Grazas pola vosa colaboración!!!