subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Calendario exames e información Aula Mentor


orosoA Aula Mentor EducarOroso pon a disposición o calendario de exames para o ano 2021 así como o proceso para a conxelación voluntaria de matrículas para o nadal 2020.

Aula Mentor EducaOroso, calendario de exames do próximo ano 2021.

Convocatoria 134
Do 8 ao 12 de Febreiro de 2021. Data tope entrega exercicios alumnos 27 xaneiro.
Convocatoria 135
Do 19 ao 23 abril de 2021. Data tope entrega exercicios alumnos 7 de abril.
Convocatoria 136
Do 7 ao 11 de xuño de 2021. Data tope entrega exercicios alumnos 26 de maio.
Convocatoria 137
Do 4 ao 8 de outubro de 2021. Data tope entrega exercicios alumnos 22 setembro.
Convocatoria 138
Do 29 de novembro ao 3 de decembro de 2021. Data tope entrega exercicios alumnos 18 novembro.

Conxelación de matrículas Nadal 2020

Con motivo das vacacións de Nadal procederase a activar a ferramenta para conxelar matrículas voluntariamente desde o 14 de decembro de 2020 ata o venres 18 de decembro de 2020.

Procedemento: A través da aula Mentor EducaOroso a través do correo electrónico oroso@aulamentor.es ou no seguinte número de teléfono 981973927. A conxelación poderá realizarse para aquelas matrículas que teñan días activos e non estean caducadas na data da solicitude.

Excepcións: As matrículas dos cursos gratuítos ou en aberto NON se poden conxelar.

Desconxelación: Todas as matrículas conxeladas por este método serán desconxeladas automaticamente o día 8 de xaneiro de 2021.

Que é Aula Mentor

Aula Mentor é un programa de formación en liña, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.

Debido á situación provocada polo COVID-19, informámosvos de que o programa de formación a distancia Aula Mentor EducaOroso vai seguir desenvolvendo os seus cursos, aínda que con algunhas particularidades.

Catálogo de cursos: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Aproveita estes momentos para realizar un curso na Aula Mentor EducaOroso, o primeiro paso a seguir é contactar coa aula a través do seguinte formulario onde poderás resolver todas as dúbidas que poidas ter: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm

É importante o uso desta vía, xa que o horario de contacto presencial agora mesmo non está dispoñible debido ao estado de alarma impide que a Aula Mentor EducaOroso estea aberta. Tamén podes contactar a través correo electrónico educaoroso@oroso.gal, e solicitar a matrícula do curso, así como calquera outro tipo de consulta operativa de desenvolvemento do programa.

Se xa es alumno e tes calquera dúbida, contacta tamén coa aula a través do correo electrónico para que che poida axudar. Se non tes os medios propios adecuados para desenvolver o curso neste período, non te preocupes, podemos conxelar a matrícula se así o desexas.

A próxima convocatoria de exames presencial (134) está programada para a semana do 8 ao 12 de Febreiro de 2021 e data tope de entrega exercicios por parte dos alumnos será o 27 xaneiro.

Indicamos de maneira sinxela os pasos para seguir para poder inscribirse nos nosos cursos de formación a distancia Aula Mentor:

1. Elixe o teu curso: accede ao noso menú de Cursos, onde atoparás máis de 170 clasificados por áreas formativas: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor
2. Contacta coa Aula de Formación EducaOroso: Lembra que nestes momentos debido ao estado de alarma, as aula permanecerá pechada pero podes entrar na seguinte URL para solicitar a túa matrícula: https://www.concellooroso.com/edu/mentor/matricula.htm
3. Matricúlate: consulta co administrador o funcionamento do curso a través do seguinte formulario: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm. A nivel xeral a información relacionada con este aspecto poderala atopar no menú Matrícula da nosa web.
4. Custo dos cursos: actualmente o prezo do curso é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (salvo nos cursos con certificación de 30 horas cuxa matrícula inicial é dun mes). Posteriormente poderás proseguir o cursos destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€.
5. Duración dos cursos: os cursos realízanse a distancia, tendo un tempo de duración flexible dependendo do que dedique cada estudante ao mesmo.
6. Exame e validez oficial: tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.